Xa temos puntos de venda para a bd da Torre dos Mouros

Unha vez rematado o tour de presentacións da BD Torre dos Mouros, chega o momento de poñelo á venda nas librarías. É un estupendo e barato agasallo de Nadal! Polo momento, podes adquirir exemplares da BD nas seguintes librarías e bares:

CARNOTA
Pub O Pirata

CEE
Libraría Trazos

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Libraría Kómic
Libraría Couceiro

A CORUÑA
(proximamente publicaremos puntos de venda).

Un consello de amigo: se estades pensando en adquirila, non tardedes moito, porque se venderon coma churros e non nos quedan moitos exemplares. Se alguén quere apoiar o proxecto vendendo noutra localidade das indicadas, pode poñerse en contacto connosco en info@torredosmouros.net e informámoslle.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *