Pois esta semana presentaremos na Coruña e en Compostela a bd Torre dos Mouros. Non é unha presentación máis, senón unha conversa ao redor do proceso de creación dunha bd a partir dunha campaña arqueolóxica, da interacción entre técnicos e creativos…Aquí tes os datos:
XOVES, 13 de decembro. Ás 18.30 horas.
Biblioteca Ánxel Casal. Salón de Actos.
Santiago de Compostela.
Ollo: porque a hora de celebración variou. Finalmente é ás 18.30 horas.
VENRES, 14 de decembro, ás 20 h.
Pub Dublín. Acompañada pola inauguración da exposición de orixinais da BD.
A Coruña.
Ao final de cada un dos actos poderás adquirir un exemplar da BD (5 euros), asinada polo autor, Manel Cráneo.
A BD “A Torre dos Mouros” contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Vémoste nas presentacións! E lembrade que aqueles voluntarios que vos inscribistes no formulario para a dedicatoria, contaredes xa coa vosa bd de agasallo personalizada por Manel Cráneo.

Be First to Comment