La Miranda de Secastilla é a segunda marca do Secastilla, un dos viños insignias da denominación de orixe Somontano. Moitos critican ao Somontano a falta de raíces vinícolas, o feito de que sexa como campo de paracaidístas que procuraran mercar parcelas a bo prezo. Con independencia de que poidan ter algunha razón, o certo é que para min Somontano sempre é un territorio que ofrece bos viños en excelente relación calidade-prezo. Un destes casos é La Miranda de Secastilla, un viño feito principalmente a partir de garnacha, que por menos de dez euros ofrece unha impecable factura enolóxica -é un viño moi ben feito- e o corpo necesario para ser degustado en solitario -acompañando unha conversa- ou harmonizando cun menú diverso. Un viño excelente para a típica cea doméstica con amigos.

Hai un par de anos probei un viño diferente, era unha especie de cata de varios tintos e me sorprendeu descubrir un viño que me chamou atención polos toques aromáticos, non son experto,pero me encantour, o viño de Campo de Borja (Aragón)