Soldados británicos en Afganistán, antes, durante e despois da guerra

O proxecto fotográfico chámase We are The Not Dead (Somos os Non Mortos), e foi realizado, durante oito meses, polo fotógrafo Lalage Snow. Tratábase de algo tan sinxelo como dramático. Fotografar a soldados británicos antes, durante e despois da súa participación na guerra de Afganistán. O resultado mírao cada quen, pero a transformación dalgúns deses rostros é arrepiante. A min resúltanme especialmente impactantes as fotos do medio, cando estes homes novos están no medio dunha perigosa campaña. Os rasgos están agudizados, seguramente polo esforzo físico, pero as caras están dominadas pola tensión. Son máquinas de matar e/ou sobrevivir.

Máis en My Modern Met e no web do fotógrafo.

3 Comments

  1. 15 / Novembro/ 2012

    Como di o sogro do meu irman, hai sitios do mundo onde é mellor non aparecer.

  2. alvarez
    15 / Novembro/ 2012

    Que razón tes Padin, pero eses parias foron polos cartiños, ninguen os obligou e a lo menos teñen rostros e non como alguns dos que lles impuxeron a santa libertade no seu propios lares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *