Os compañeiros de El País Galicia pedíronme un vídeo no que exprese o meu apoio ao proxecto e, sobre todo, a súa continuidade. Así que fixen este vídeo que inclúe un pequeno experimento visual con Exobrain, do que falei o outro día.
Parece que todo sigue igual, pero non é certo; pouco a pouco, todo vai esmorecendo. A lenta caída da prensa, da calidade da información e da ausencia dun xornalismo ben pagado e de calidade vai pouco a pouco eliminando os nosos referentes comúns. A alternativa -que non o é realmente- non é nada boa. Precisamos xornalismo, precisamos xornalistas dignamente retribuídos e precisamos equipos e cabeceiras.

Dende hai tempo vense notando o esquelético das novas que acontecen en Galicia para “El Pais”. Cambio de política editorial ??? Ben, eu asinei un manifesto de apoio ós seus empregad@s e pouco ou nada podo facer máis.
O problema non ten unha solución doada, toda vez que os directivos do xornal parecen camiñar resoltamente cara o abismo, e ninguén pode deter a un suicida unha vez que toma unha decisión. Pero creo que é lóxico que os lectores nos visibilicemos, aínda que resulte ridículo que, no fondo, sexamos nós os que pidamos queren mercar un produto que a empresa non parece querer vender.
Digo isto porque hai unha secuencia perfectamente demostrable de incremento de lectores en Galicia de El País a partir da creación dunha edición propia. Outra cousa, claro está, é o mercado publicitario.
Ao mellor, nos somos o “lobby progresista” de que fala Cebrián. Lobby? E eu con estes pelos…
http://praza.com/movementos-sociais/2246/cebrian-afirma-que-a-edicion-galega-de-el-pais-se-creou-por-presions-de-lobbies-progresistas/
Hoxe, nin un unha soa páxina, nin un soa palabra de Galicia. Feitos consumados.