Last updated on 10 / Novembro/ 2012

No mundo do viño (e noutros) sempre estou probando cousas novas en todos os sentidos. Fiquei moi sorprendido cun novo proxecto do Club Todo Vino, a Enolobox. Trátase dunha especie de evolución do tradicional clube de envíos de viños por correo de viño. Se, a xulgar polos envíos que realizan, moitos destes clubes están orientados a señores, a Enolobox parece apuntar a un público máis novo, que está introducíndose no mundo do viño e ten gañas de experimentar.
Ao igual que nos clubes de viño, o sistema baséase no envío mensual dun paquete con botellas. Pero ti non sabes que é o que vas recibir. Son tres botellas sorpresa, que só se desvelan cando chegan á túa casa. O custe, 21 euros (+ 3 euros por envío), é moi razonable para os viños que se envían. Eles garantizan un 30% de desconto e, efectivamente, a cousa deben andar por aí. Denominacións menos coñecidas, marcas novas ou novos lanzamentos de adegas clásicas…moitas veces son viños distintos, de corte moderno. Todo isto complétase cun sistema de gratificación por puntos: obtés puntos se valoras os viños, supoño que é unha sorte de estudo de mercado para as adegas, que lle venden o viño un chisco máis barato, ou se consegues traer un amigo ao club.
No meu primeiro pedido recibín os viños que tes na caixa. Coñecía só o Atteca, que é unha besta de Calatayud, excelente, moi por riba de moitos viños máis caros, e resultáronme novos o Vetus de Toro (un tinta de Toro moi equilibrado) e un curioso viño de Valladolid, Alta Pavina, a partir da típica tempranillo en coupage con pinot noir (un sabor distinto pero interesante).
En resumo, paréceme unha iniciativa divertida, que para os amantes do viño aos que nos gusta o risco e a diversión está moi ben. O prezo, como digo, permite obter os viños máis baratos que en tenda. É estupendo que haxa iniciativas así de frescas no mundo do viño, tantas veces tan clasicote.
Aquí podes saber máis sobre o club (se ao final te fas socia/o, emprega esta ligazón e así me das puntos) :-).

Xastamos mandando tentacións á xente de ben…
Alá fun, xa pequei. Diosllopague.
Pois a disfrutalo!
Gracias.
Oia, o Conde de Valdemar está impresionante, ¿non? E o gaditano tamén presta ben. Agora ándolle pedindo esa recomendacións que fai aí: o Atteca. Xa lle contarei, pero de momento, insisto no agradecemento por descubrirme o invento este.
Si, está fantástico ese Waldemar. O Atteca vaille encantar. É do mellor que teñen mandado.
Pedino e efectivamente, encantoume/-nos. Menos mal que tiven a precaución, fiándome do seu criterio, de pedir máis dunha botella para confirmar a primeira impresión.
E de paso arrimei algunha de Blau, algunha de Valdemar… as necesidades básicas, vaia. ;-)
Alégrome! Realmente é unha alternativa enolóxica bastante divertida e con viños de excelente RCP.
Ese “La Atalaya” de Almansa tamén merece un repaso, ¿non?