Estradas intelixentes nos Países Baixos en 2013

O estudo de Danm Roosegarde presentou o proxecto The Smart Highway no concurso Best Future Concept. Tratábase de algo fascinante: deseñar unha nova idea de estrada, na que se lle tirase moito máis partido a infraestruturas dun altísimo custe de realización pero que seguen acompañadas de tecnoloxías case do XIX para axuda á conducción. O seu obxectivo foi deseñar estradas reactivas. Dotadas dunha pintura intelixente especial, detectan o paso do usuario e ilumínanse, acompañándoo durante todo o tramo, e sen necesidade de contar con alumeado continuo. Estas estradas tamén poderán ademáis, representar iconoloxía informativa sobre a estrada dando avisos, como folerpas no caso de haber perigo de xeo na estrada, indicacións de vento lateral, etc. Trátase de establecer un fluxo de información máis directo entre condutor, vehículo e estrada.

Os primeiros centos de metros experimentais inauguraranse a metade de 2013 nos Países Baixos. É unha magnífica idea para mellorar a seguridade da condución e aforrar enerxía.

Máis info en Wired e en Alt1040

One Comment

  1. Nemigo
    2 / Novembro/ 2012

    pero todo eso xa o ten a AP-9 vai tempo…. Non, espera. A AP-9 ten as farolas apagadas pola noite e cando hai xeo xa son interactivas as estradas… ves en directo como se escornan os coches

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *