“Que fai un castrexo coma ti nun sitio coma este?”, barferencia do sábado 28 no Bar Illa (Lira)

Xa vedes que esta fin de semana vén cargadiña de actividades na Torre dos Mouros. Ademáis da conferencia sobre piratas que temos hoxe venres ás 20:30 no Pub O Pirata de Caldebarcos, o sábado contamos con outra, tamén ás 20.30 h., no Bar Illa (Lira).

“Que fai un castrexo coma ti nun sitio coma este?” é o título da charla que impartirá o arqueólogo do INCIPIT Alfredo González Ruibal no bar Illa (Lira). Alfredo González é un dos científicos máis notables no estudo da Idade do Ferro en Galicia, e autor dunha das mellores sínteses sobre a época, a súa tese de doutoramento Galaicos: poder y comunidad en el Noroeste de la Península Ibérica (1200 a.C. – 50 d.C.). A charla que nos vai dar vai ser sumamente interesante: distanciado da visión tópica e sempre repetida sobre o mundo galaico, Alfredo vainos levar por todo o que non sabemos explicar ao redor da cultura castrexa: aquelo que se separa do patrón común e que nos suxire unha maior diversidade e amplitude de miras para ollar esa época. Asegúrovos que será fascinante.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *