Acabo de chegar dun concerto magnífico: o que deu Calle 13 na Praza da Quintana. Pura enerxía e paixón, ritmo vital que soaba especialmente forte e intenso nun país amortecido, ou con gañas de amortecerse, un país ás veces inzado deses zombies caracterizados en The Walking Dead, pero tamén un país no que abundan, estou convencido, os luminosos, que o son polas súas ideas pero tamén por estar cheos de paciencia, de sana terquedade e de bonhomía. No Día da Patria, eu ficaría con iso. Nunca deixeimos, de novo, que os zombies nos atrapen no seu barrizal: Galicia é unha terra de oportunidades (perdidas) e hai que mudar os modelos. Podemos facelo, estamos facéndoo.
Aquí vos deixo con dous videoclips de temas chulos de Calle 13: unha enorme sensibilidade social, poesía, decisión. Así que desde este recunchiño doulle as grazas a estes músicos por lembrarme, a golpe de ritmo, aquelo no que creo.

Estamos de acordo. Encántame “Calle 13”, sempre no coche comigo. Ten unhas letras boísimas, esta encántame (unha máis):
http://www.youtube.com/watch?v=08lf3xkWlgY
Que envexa me das! Eu tamén quería ir!!!
Saúdos