
De xeito deliberado, durante moitos anos o termo “material” sempre tiña sentido pexorativo. O “material” era o “mundano” mentres que o “espiritual” era o máis elevado do ser humano. Afortunadamente, hai anos que moitos seres humanos ceibáronse de dualidades absurdas. Parece que Materia, a nova publicación de xornalismo científico, abonda neste sentido. Unha boa publicación de xornalismo científico -a pesar do gatillazo interpretativo do primeiro titular, o tema ese do xornalista decidindo o que pode ser Nobel ou non, sen haber ningunha fonte especializada que faga esa valoración– que permite unha ollada interesante, amena e rigorosa á ciencia actual. Moita sorte, xente!

Be First to Comment