Pois está chegando a calor e é o momento de coller o coche e botar a correr polo mundo adiante. Hai uns anos, fixemos iso mesmo: tenda de campaña, As crónicas do Sochantre, as Memorias de Ultratumba e máis alá. Perdímonos por un país de doces carballeiras, mar que arrecende a codium, rías fermosas e centos de cruceiros. Viaxamos á Bretaña e ficamos fascinados con esta realidade paralela.
Hoxe, aproveitando as facilidades de Readlists, combinadas con Calibre, creei un ebook con estas crónicas para que poidas ler na túa tablet, libro electrónico ou móbil, co ánimo de que te sirva, se cadra, de inspiración, para a que pode ser unha das viaxes da túa vida: a fermosa Bretaña francesa. O libro son basicamente unha selección e compilación de posts de Capítulo Cero e non ten moita máis edición, así que pode que vexas algúns saltos de liña amplos, etc. Nada grave. :-)
Descarga Bretaña:
–Formato ePUB: Aquí podes descargar o libro para iBooks do iPad, ou calquera tablet libre….
–Formato MOBI: Aquí podes descargar o libro para o Kindle de Amazon…
E non será o último libro de viaxes deste verán. ;-)

Será cousa miña, pero pareceume algo raro ver un ePUB con fotografías en cor. Iso lévame a pensar que a meirande parte dos e-books son unha cutrañada tremenda que só saben trasladar unha edición impresa sen adaptarse ás novas pantallas.
Iso si, coido que para obras como a túa o formato de iBooks acaería moi ben (aínda que o de pecharse a iOS pode ser un atranco).
Marcus, pois eu teño visto moitos epubs con portada a cor. Outra cousa é que os readers os amosen…
Descárgoo! É mágoa que non o tivera o ano pasado, cando fun por Breizh, a sorprenderme desa Galicia sen eucaliptos.
Descargado e encetareino esta mesma tarde no tren!
Grazas por mostrar esta adaptación aos novos formatos. Se che interesase seguro que podías vendelos a un prezo asequible (1-3 euros?) e tería tamén boa acollida.
O tema dos micropagamentos son interesantes, pero para iso habería que facer unha edición un pouco máis coidada tanto a nivel formal como de contido. Ten en conta que isto é unicamente peixe pescado e botado no cesto para ser máis fácil de ver. :-)
Como semianalfabeto dixital que son (as novas tecnoloxías corren máis do que un da), pregunto: Neses lectores de e-books que xa se empezan ver moito, aparte de mercar os libros electrónicos, ¿un pode baixar un PDF que se atope libremente na rede e lelo despois nun destes cacharros?, porque entón sería interesante para non ter que estar pegado á pantalla do ordenador. E hai moitas publicacións de museos, facultades, etc que se poden atopar deste xeito. Neste caso tería que pensar en ir mercando un.
Graciñas polas vosas posibles respostas.
Si, si, sen problemas. Todos teñen lectores PDF. De feito, insconscientemente, nos últimos meses moitos dos PDFs que baixo mándoos directamente para o iPad, para lelos directamente aí.
Moitas gracias po la aportación. Descargeino, e vouno leer con moito gusto. Mil gracias, e que nos sigas tendo informados das novedades.