Capítulo Cero, mellor blog informativo/cultural de Galicia nos I Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais

Con gran sorpresa hoxe, cando rematei de traballar, atopeime con que fun designado gañador dos I Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais na categoría de mellor blog informativo e cultural no MexilOns e Tuits, o I Festival dos Social Media de Galicia celebrado hoxe en Bueu. Por cuestións de traballo -tiña que estar esta mañá traballando en Compostela, na interesantísima conferencia de Robert G. Picard- non puiden asistir, pero enviei un vídeo de agradecemento que publico aquí:

Quero felicitar tamén aos outros dous finalistas, o enorme Serantes e o máis que interesante Briefing Galego, grandes exemplos de blogs temáticos en Galicia, e tamén á organización de #MexilOnseTuits, con Fran Rodeiramar á cabeza, por defender estes eventos e premios que son máis que necesarios para visibilizar o traballo na rede en Galicia. Pola miña banda, foi un gusto participar como xurado (ollo, os membros do xurado non votabamos nas categorías nas que estabamos nominados, aínda que ao final estes días tolos de traballo que teño tamén me impediron facer a votación do resto das categorías).

Así que nada, moitas grazas. Para min é unha honra enorme e un estímulo para seguir dándolle duro ao blog, que está cheo de proxectos e actividade para os vindeiros meses. Xa volo anticipo. :-)

11 Comments

  1. Tolobrigo G.
    9 / Xuño/ 2012

    Parabéns polo ben merecido premio. O teu (noso) blog e unha lufada de vento fresco nun país onde ninguén se move. No Mercy, No Surrender! E dalle duro!

  2. eumateix
    9 / Xuño/ 2012

    Muitos parabéns por este tam merecido prémio. É mui interessante e mui ilustrativo ver como foi evoluindo com os anos este blogue e como fomos todos aprendendo com ele, nom só do “quê”, senom também de “como”o contas.

  3. Nemigo
    9 / Xuño/ 2012

    a verdade é que está currado o blog
    máis que o premio que como todos sabemos soen estar desprestixiados por méritos proprios é a aportación que dende aquí se fai á galiza
    información currada e de calidade….

  4. VALLE
    10 / Xuño/ 2012

    Nunca pensei que oubese premios a “BLOGS”, pero si sabía que este e un dos mellores blogs que existen, a todas as persoas que lles amosei CAPITULO 0 quedaron prendadas del. Leo este blog a diario, non só as novas entradas, senon as antigas, en todas descubro algo de interese, e con moitas delas aprendo cousas de temas totalmente descoñecidos para mín, pero cos que aprendo moito. Nunca me cansarei de darche as gracias. Unha apreta Manuel, e un bico moi grande a Sole, a cal por certo tamén ten un blog moi xeitoso.

  5. brigantium
    10 / Xuño/ 2012

    Noraboa Manolo!

  6. 10 / Xuño/ 2012

    Moitas grazas a todos e todas!

  7. 11 / Xuño/ 2012

    Felicidades Manuel!
    Unha mágoa non poder verte na gala. Xa teremos tempo de vernos na próxima e poder felicitarte en persoa.
    Apertas
    David Serantes

  8. elixio
    11 / Xuño/ 2012

    Pois compañeiro, moitos parabéns. Os “ingleses” estarán contentos (xa sabes por onde vou)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *