
Esta historia é magnífica. O día do asasinato de Kennedy, analizando as filmacións do momento, unha estraña figura aparecía na beirarrúa, xusto ao carón do punto no que Kennedy recibe o impacto da fatal bala. Trátase dun home pulcramente vestido, cun paraugas negro. Esta figura aínda é máis misteriosa porque o día estaba fermoso, soleado; era outono pero a xente vai como de primavera. A presenza do home do paraugas deu lugar a todo tipo de conspiranoias fantásticas, como era de agardar. Pero Errol Morris, nunha longa entrevista con Tink Thompson, un home que consagrou a súa vida á investigación do asasinato de Kennedy, desvelou quen era ese home do paraugas. E a realidade, como sempre, supera a ficción. Aquí podes ver o vídeo.

Be First to Comment