Percebeiros, unha curta de David Beriain

Hai moitas curtas e documentais ao redor dos percebeiros e as súas durísimas condicións de traballo. Eu fico pampo con case todas elas. Sobre todo, polos propios percebeiros que falan. Esta fermosa curta documental de David Beriain introduce algúns elementos fotográficos interesantes, como o dispoñer de imaxes aéreas das secuencias filmadas cos propios percebeiros no seu traballo. Un retrato dunha auténtica épica cotián.

Un comentario

  1. Pancho-Lapatianco
    7 / Decembro/ 2011

    Manda carallo. Alucinei. Este Serxio (cantante dos estupendos e divertidos Cempés) é o que vai ós percebes cun meu querido curmán político, e máis outro familiar, que aparecen nalgúns momentos do video. Xente seria toda ela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *