
Mañá agárdame un día de aeroportos. Viaxarei 8500 quilómetros ata Quito (Ecuador), onde impartirei unha conferencia nun interesantísimo foro que convoca a Fundación Teatro Nacional Sucre, a primeira institución cultural do país, sobre Cultura e Cidadanía (ver programa). Aínda que vai ser unha viaxe lóstrego, como ultimamente todo nesta vida que levo, será un bo momento para comprobar o pálpito dunha cidade latinoamericana que me resulta especialmente grata e atoparme con bos amigos. Escribirei algo desde alá pero non agarde moito: xa saben que as axendas están, nestes casos, moi comprimidas.

¡A modiño, oh! A vida hai que sorbela a buchos pequenos.
Je,je… descubrin por casualidade o teu blog e reinme moito cando naljun sitio lein o de mi ma! e ensejida me identifiquei contijo.
Encantame ver como medran os meus paisanos. Un saludo
¿A foto é súa? ¡Mimá!