
Ano 2011, Ano Cunqueiro, e faltaba a gran homenaxe gastronómica ao noso escritor máis senlleiro!
O 26 de novembro, un grupo de entusiastas da gastronomía organizamos en Santiago de Compostela unha xornada cultural e gastronómica ao redor da figura do escritor. Queremos resaltar a importantísima faceta gastronómica da escrita de Álvaro Cunqueiro, clave para dignificar a gastronomía popular galega. Para iso, organizamos un programa de eventos que, a través de diferentes espazos de Compostela, permitirá saber máis da súa obra gastronómica, catar os viños das terras que el amou, degustar novas creacións inspiradas nas súas obras máis fantásticas e rematar cun xantar moi especial, unha ocasión única na que conflúen catro grandes chefs galegos: Pedro Roca, Marcelo Tejedor, o Chef Rivera e Flavio Morganti. Unha ocasión de luxo para a que hai prazas moi limitadas (cuestión dos espazos e de calidade do xantar) e para a que hai prazo para inscribirse ata este venres 18 de novembro, así que ollo!. Aquí podes consultar todo o programa, as cuestións da inscrición e todo iso.
…e moito máis. Se non podes acompañarnos nesta xornada, convidámoste a rematar o ano facendo visible a Cunqueiro na rede, a través da publicación de posts, tweets ou outros contidos dixitais homenaxeando ao escritor. Aquí tes tamén a información sobre como facelo.
Finalicemos 2011 cunha celebración da literatura galega e mil primaveras máis para Álvaro Cunqueiro!

Sé o primeiro en comentar