Interesantísimo este documental, Apaizac Obeto, que se exhibe hoxe no Festival de Cinema Arqueolóxico do Bidasoa. Relata a historia dos pescadores bascos que chegaban ata Terranova no século XVI. A partir do achado dunha chalupa da época aló no Canadá, reconstruíuse a embarcación e probouse de novo. Interésame a perspectiva da “outra historia”, da Historia dos humildes. Mentres os barcos oficiais británicos e franceses exploraban o territorio procurando a súa conquista e dominación, estes pescadores procuraban o peixe nas costas e interaccionaban cos indíxenas, ata o punto de que cando chegaron os primeiros exploradores británicos, a lenda conta que os indios os saudaron en euskera (non sei canto de real será isto…, sóame a “rolex ou setas”). O interesante é a reconstrución da historia dos anónimos, das xentes que exploraron e andiveron o mundo lonxe das crónicas oficiais. A tecnoloxía e a ollada actual permítenos coñecer mellor este mundo de trazas discretas, como sombras, dos humildes sobre o mundo. Por iso este documental é emocionante.

A gente se Albaola (parte deles figurantes neste documental) tem umha permanente relaçom com mundo da navegaçom tradicional galega. Venhem a todos os Encontros de Embarcaçons Tradicionais que organiza a FGCMF e creio que também formam parte do Projecto DORNA que busca pór en valor as carpintarias de ribeira…
Um projecto galego semelhante que merece um grande documental que o difunda é o da construçom da réplica da Marina, a derradeira lancha jeiteira, projecto que neste messes fazia 20 anos.