Unha denominación de orixe informal para o choco de Redondela

Ollo con esta noticia, que é interesantísima para o mundo da pesca en Galicia. Os pescadores de Redondela instalaron unha máquina na lonxa que permite etiquetar o choco que eles pescan e, deste xeito, amosar a súa orixe ‘oficial’ ao consumidor. Fixéronno así pola competencia desleal doutros pescadores que se apropiaban da marca ou do prestixio que teñen, en Galicia, as zonas de extracción de peixes e mariscos.

Desde hai anos, veño reivindicando o ‘maroir’, a aplicación ao mar dos mesmos criterios de percepción especializada que aplicamos ao viño. É dicir, a recuperación da ancestral cultura do territorio, que permitía aos mariñeiros valorar e estimar máis os mariscos e peixes que viñan duns cons ou doutros, dunhas zonas ou doutras, máis alá das grandes rexións. A topografía dos fondos mariños galegos é unha gorentosa sucesión de vales, pradeiras, montañas e cavernas que ofrecen, debido ás condicións naturais de cada unha, peixes e mariscos de sabor distinto. Na miña casa, por exemplo, só se mercaban nécoras a un mariñeiro, o Gharulo, que as collía na Punta Ostreira, baixo o castro do que os monxes fransciscanos chamaban Monte Alberne. Eran nécoras peixudas, dun sabor especial. Unha fonte de riqueza espectacular para a costa galega sería a especialización e distinción destas zonas, pero á Administración -e sospeito que a moitos armadores- nunca lles pareceu interesar a cuestión. Seguimos sen pensar desde o punto de vista mariño: somos quen de distinguir denominacións na terra para todo tipo de cousas, pero non no mar.

Por iso é ben interesante que estes pescadores de Redondela tomaran a iniciativa, pasando do concepto denominación de orixe pero formulando novas alternativas. Indubidablemente, este sistema tamén pode dar lugar á picaresca (todos o dan, lembremos o caso das etiquetas do Ribeiro, hai pouco), pero demostra que a sociedade, moitas veces, vai por diante da Administración. Prestémoslle atención.

3 Comentarios

  1. Xerardo
    9 / Novembro/ 2011

    Shalom por suposto que si, a denominacion de orixe e o ADN dun producto non se pode adulterar, un producto pode ter varias catalogacions, peo o que non se lle pode quitar e a sua orixe, se e de Redondela pois de Redondela, se e de Padron de padron, non se pode decir que e do sitio no que non se pesca pranta etc. Por certo dende a biblio de Cangas emos nha exposicion de pintura no hall principal na entrada o que da a benvida a mostra e un cuadro da ria de Vigo en concreto da ponte en Rande unha gamela tipica da pesca do choco,lura,xurel ou calquer outro tipo da pesca artesanal galega, e digo arte e sana polos dous motivos, se pode decir que o arte do mar, xa se di artes de pesca, bueno non me quero espallar moito, moito Agarimo,parabens e saudade

  2. 10 / Febreiro/ 2012

    Ben Karina; propoñede outra opción para ignsetivar que non sexa utilizar animais de laboratorio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *