Última actualización o 8 / Novembro/ 2011
Aquí publico en vídeo a conferencia que deu meu irmán e Javier Iglesias no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, de Axena, para denunciar o roubo de aves rapaces no Barbanza. No posterior debate (que non gravei porque o son da sala é máis complexo), houbo moitas cuestións interesantes, pero se aludiu a que esencialmente debe ser un problema de educación e de familias desestruturadas. Ter aves salvaxes domesticadas na casa é unha interesante ancestral tradición no Barbanza que, por sorte, se foi perdendo, e parte do roubo de rapaces pode ter que ver coa continuidade dese costume, pero tamén do ingreso fácil. Varios polos de aves rapaces poden supoñer un ingreso de dous ou tres mil euros para o alimañeiro; un traballo de pouco esforzo. Con educación e certa presión voluntaria, seguramente este problema se podería solventar e non poriamos en perigo unha importante parte do noso patrimonio natural.

Entrevista en La Voz de Galicia a Xurxo:
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/11/08/0003_201111B8C2995.htm