O segundo antropomorfo de Pena Furada

Ao principio non lle fixemos moito caso, pero foi unha nova ollada nosa e dos nosos visitantes a que permitiu decatarnos de que o raro petróglifo que estaba na porta 2, en realidade era…algo moi concreto. Antón Malde fixo estas fotos a noite pasada para que se puidera apreciar que é en realidade: outra figura humana moi similar á Moura. Está máis desgastada, pero aí apréciase de xeito evidente o nariz, a boca, o tórax e os brazos.

A figura non está completa. En teoría, e digo en teoría, foi destruída parte dela hai dúas décadas por un buscador de tesouros. Curiosamente, a parte que foi estropeada foi a dos xenitais, que nos impiden saber se é un “el” ou unha “ela”. Parece ser que hai algún outro petróglifo en Galicia con representacións femininas e masculinas nas que cada un dos sexos ten unha orientación distinta.


O segundo antropomorfo, á esquerda, sobre a porta 2.

No caso de Pena Furada, mentres que a Moura está aliñada cara o Oeste, o segundo antropomorfo está orientado no eixo N-S, aínda que a orientación non é perfecta (está ubicado sobre unhas pedras moi concretas que van en determinada dirección). No croquis apréciase a diferencia de orientación entre as dúas figuras.

Unha mágoa que perderamos esta pedra. Aínda que eu non deixo de preguntarme por esa desaparición da parte máis sexual da figura…

12 Comentarios

  1. bea
    5 / Novembro/ 2011

    Por si interesa:
    BETTENCOURT, Ana M.; SANCHES, M. Jesus; DINIS, António e CRUZ, Carlos S. (2004), “The rock engravings of Penedo do Matrimónio, in Campo de Caparinho, Vilar de Perdizes, Montalegre (Northern Portugal)”, Journal of Iberian Archaeology, 6, ADECAP, pp. 61-82.

    http://www.igogo.pt/gravuras-rupestres-do-penedo-de-caparinho/
    ” Apresenta gravados dois antropomorfos, um masculino e o outro feminino, com os respectivos órgãos genitais expressos, indiciando rituais associados à fertilidade humana”.

    Apertas

  2. Rafaeliux
    6 / Novembro/ 2011

    Xa estou vendo ós neopaganos montando orxías por ahí…

  3. 7 / Novembro/ 2011

    Aleda-me que a minha especulação, pois como isso deveu entender-se sempre, tivera finalmente algo de base ainda que errara de antropomorfo ao especular. Curiosso também o da orientação. Juro pelo demais que não tenho poderes de adivinhação nem são vedoiro…em serio ;-)

    Aleda-me também não ser o unico (ate agora o era) que lhe ve a isso certa conexão co “Penedo do Matrimonio” de Caparinhos, ainda que fora co antropomorfo cambiado ;-)

    A ver quando vos posso façer uma visita. Um Saudo

  4. 7 / Novembro/ 2011

    A magoa é que a foto que ponhem na entrada do Penedo do Matrimonio não é a a do “Matrimonio”, magoa porque as fotos que tenho Matrimonio do artigo de Colmenero são em branco e negro e não é que sejam muito boas precisamente

  5. 7 / Novembro/ 2011

    Vaites!! … se ao final pares que há alguém mais também que pensou que podiam ser punhais de frontão como os dos guerreiros galaicos e não calcolíticos. Vou terminar pensando que si adevinho, é broma ;-)

    Obrigado pelo enlace do artigo Manuel

  6. 7 / Novembro/ 2011

    Marcial, creo que o antropomorfo ao que ti te referías nunha conferencia que diches é unha figura moderna que está nos penedos da banda norte do xacemento, que foi feita por un señor hai uns vinte ou trinta anos: é unha figura cun cabezón tan grande coma o resto do corpo. Non é este. Este atópase na segunda porta e parece contemporáneo da Moura non só formalmente, senón que ten o mesmo estilo de execución. O outro ten un suco supermoderno, feito cun instrumento metálico, posiblemente cincel.

  7. 7 / Novembro/ 2011

    Un aspecto interesante que comentabamos sobre esta figura antropomorfa da que falamos no post é o seu sexo, curiosamente a parte “danada” da gravura. Se foi feita a agresión hai vinte ou trinta anos, non sería difícil que a pedra ou pedras estivesen nas proximidades. Atopar non as atopamos, pero para o ano que vén, cun pouco de sorte, ao mellor aparecen e se aclararía o misterio.

    Isto non deixa de ser pensamento en voz alta. Non podemos saber se era masculina ou feminina. O de Cequeril pode ser interesante, e nos encaixaba estupendamente (non sei a orientación das figuras de Cequeril, agora mesmo), pero teriamos que dar por sentado que esta segunda figura é a dun señor e non a dunha señora. Así que temos outra incógnita máis en Pena Furada… :-)

  8. 7 / Novembro/ 2011

    já digo que errei de antropomorfo, o qual não deixa de ser irónico por isso digo que pares que o adivinha-se porque do resto pares encaixa tudo com este novo gravado, suponho que é uma dessas grandes ironias ou bromas do destino, …pois passei de especular coloquialmente -pensando em que a Moura puidera estar repassada varias veces e a outra figura não- a ter ração no argumento de fondo ainda que noutro penedo (algo que desde logo não esperava, entenda-se ter ração).

    A verdade é que quando o lim, flipei bastante coa casualidade. Não me diras que não deixa de ser curiosso ;-)

  9. 11 / Novembro/ 2012

    Si, xa coñecía. Comparte con ela eu creo que parte da técnica de rebaixado, pero ao meu ver trátanse de figuras moi distintas no seu universo cultural e no que poderían representar.

    A figura de Savasona é asexuada e despois ten unha moi curiosa representación dos pés virados cara a esquerda. A figura da Moura é todo ela sexualidade (non só a vulva, senón os brazos, que parecen vinculados a ela), os pés non se xulgan como relevantes (de feito non está nada claro como está a representada a figura aí abaixo) e aparece asociada a ese lacus, pía cadrangular superior.

    Iso si, todo ese entorno rupestre de Savasona é moi chulo tamén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *