O olmo do Cáucaso: relatos sobre a soedade e o lusco-fusco

A este manga, O Olmo do Cáucaso, de Jiro Taniguchi e Ryuichiro Utsumi, acontécelle algo ben curiosa. A primeira historia, que dá título ao libro, narra a relación dos habitantes dunha casa cunha enorme árbore do patio que enche de follas o vecindario enteiro. Cando rematei de lela, Sole preguntoume: “A que parece que o cómic está a cor?”. E díxolle: pois si. Toda esta BD está debuxada en B/N, pero na cabeza a historia compúñase, subxectivamente, a cor. E aí está o poder desta narrativa gráfica de Taniguche e Utsumi. O Olmo do Cáucaso é un manga que non estamos acostumados a ver: relatos sobre a soedade, o envellecemento, con pensamentos crepusculares, ou con historias centradas na perda e abandono dos seres queridos. Historias de solitarios que buscan, sutilmente, recompoñer un mundo perdido. Historias que relatan como no amor dos próximos hai un camiño de felicidade. Historias efémeras, coma os habitantes desta casa que perdoan á árbore extasiados pola súa beleza, pero recoñecedores do seu papel de recén chegados fronte a vida da árbore.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *