Último día en Pena Furada: unha valoración das últimas estruturas

O último día en Pena Furada foi especial, como sempre acontece en todas as campañas. Comezamos a ver as grandes dimensións e complexidade do espazo, pero non só no espacio, senón posiblemente tamén no tempo. Neste vídeo -longo, máis de 17 minutos- repasamos de vagar con Antón todos os novos lugares aparecidos, en especial o muro perimetral, valoramos esta intervención e pensamos no futuro de Pena Furada.

Nos vindeiros días, continuaremos publicando posts sobre Pena Furada cunha valoración global do sitio arqueolóxico, novidades, curiosidades e moito máis. Pena Furada non acaba máis que comezar.

18 Comentarios

  1. bosquexo
    4 / Novembro/ 2011

    Como seguidor só quero dicir unha cousa, non busquedes tesouros arqueolóxicos en lugares lonxanos e remotos, se algún día atopades un tesouro arqueolóxico vai ser preto do lugar onde tedes as vosas casas.

  2. Celtius
    4 / Novembro/ 2011

    Sodes o MELLOR !

  3. 4 / Novembro/ 2011

    Bosquexo, supoño que non estás dicindo que Coirós é un lugar distante e remoto. :-) Se o que comentas é unha reflexión xeral, estou totalmente de acordo. Fóra tamén hai grandes tesouros, pero moi preto tamén temos cousas fantásticas que explorar.

  4. brigantium
    4 / Novembro/ 2011

    Non me puiden aguantar, e eso que teño fodida a tarxeta de son do pc, e non puiden oirvos, pero vendo o que amosades no vídeo fixen unha escapada ata alá armado ca miña cámara. Ese símbolo da pedra, ¿poderá ser unha marca de canteiro?, dende a miña absoluta iñorancia supoño que eso suporía unha cronoloxía moito mais recente non? medieval?? capela de cristianización do lugar pagán?? Igual xa o decides no vídeo pero ainda non o puiden oir.

  5. 4 / Novembro/ 2011

    Nun vindeiro post explicareino en detalle. Estamos traballando niso. Aguanta a intriga. :-)

  6. 4 / Novembro/ 2011

    Olá, so unhas palavras para animar-vos a seguir con tan maravilhosa labor, ojalá podamos asi seguir descubrindo o noso patrimonio, cuidando da nosa cultura; pero o que máis destaco e a labor dos voluntarios, se a sociedade tomase mais consciencia do importante que e o voluntariado, todo iria mellor.Unha aperta a todos e espero mais novas sobre Pena Furada proximamente!!

  7. Xabres da Teixeira
    4 / Novembro/ 2011

    Sigo dando gracias, agora a tí a Antón e todos os que participaron. A ver se algún día podo colaborar convosco.
    Unha forte aperta a todos.

  8. bosquexo
    4 / Novembro/ 2011

    Non entendiches a poesía, non quería dicir que Coirós é un lugar remoto, pero é igual. Onte vin o vídeo e quedeime pensando sobre esa última pedra tan perfectamente labrada que apareceu na base ou na parte inferior. O que estades facendo vos agora, a posta en valor dunha rocha cun gravado, pero de forma arqueolóxica, é o mesmo que fixeron anos ou séculos atrás os que intentaron monumentalizar esa rocha co gravado da moura, é exactamente o mesmo, vos quitades a terra e eles tallaron as pedras. Cando alguen intenta monumentalizar ou tallar unhas rochas que sobresaen da vexetación para monumentalizalas exactamente, resulta realmente frustrante psicolóxicamente non intentar buscar a rocha base sobre a que nacen eses penedos, é como se fixeras arquitectónicamente un castelo cos pes de barro. Por iso cando creron dar co sustrato da base, sólido, crearon a roca mellor traballada de todas, como símbolo. Esta é a base, o límite do monumento. Xa non hai máis, o mesmo que vos pasou a vos. E entón e cando a mente descansa. E esas rocas naturais que afloran na vexetación conformando un ara, pasan de ser naturais a ser unha edificación artificial coa súa cimentación como todas as construccións artificiais.

  9. 4 / Novembro/ 2011

    Cando queiras. Parte do ‘experimento Pena Furada’ comeza agora. A nosa idea é continuar con outra campaña o ano que vén, pero xa daremos detalles.

  10. 4 / Novembro/ 2011

    Exactamente. Bosquexo, algo do máis fermoso de Pena Furada é tentar comprender o entramado cultural que está por riba desas intervencións nas pedras. Non é doado, pero é do máis fermoso que podemos facer aló.

  11. 4 / Novembro/ 2011

    E si, Fernando, o voluntariado foi unha pasada, a peza clave deste puzzle.

  12. Elixio Vieites
    4 / Novembro/ 2011

    Noraboa a todos e todas.

  13. 5 / Novembro/ 2011

    Republico estas fotos nun post arriba para a xente que non ten feisbu (si, hai xente desa). :-)

  14. r.r.
    5 / Novembro/ 2011

    “Somos xente de fácil ilusionar”. Precioso. ¡Moito facedes falta!

    Pola resposta inmediata incluso de moscas e cans (min. 16:00), sabedes xa que non han faltar voluntarios ;-D A ver se desta eu podo dar ido.

    Moi interesante todo o traballo. Xa teño que volver alá en canto poda a botar un ollo e gozar do lugar.

  15. Antón Malde
    5 / Novembro/ 2011

    Grazas Rubén! Estás perto, cuase un viciño, aló da outra banda do río.

  16. r.r.
    6 / Novembro/ 2011

    ¡Si señor, Antón! E sempre que ando por aquí de paseo ou traxecto, boto o ollo cara o claro aquel por ver se se me ocorre algo interesante que vos contar…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *