
Interesantísima esta aplicación: Ifttt. Tras este complicado acrónimo, atópase a seguinte frase: if THIS then THAT. E esta é a filosofía desta aplicación web: construír novos procesos e tarefas de Internet baseados na conxunción destes dous elementos. Como din os creadores de Ifttt:
Think of all the things you could do if you were able to define any task as: when something happens (this) then do something else (that).
Aínda que soe algo abstracto, esta sintaxe permite realizar moitísimas cousas de proveito no web, sempre e cando os diferentes servizos teñan unha API accesible e todos os elementos do web aberto, como RSS, etc. Probádeo e ides ver que interesante.

Oi, oi, oi. Probamos Bundlr, Storify e Memolane e ficamos un pouco desencantados. O de “curar” en Internet é un choio de chinos (válanos a expresión e que non se molesten os chineses que nos len). Anotamos este, pero sen moitas esperanzas, profesor.
Este non “cura”, con este programas tarefas, que é distinto. O exemplo deles é claro: as fotos que tiras con Instagram, por exemplo, almacenalas automaticamente en Dropbox.