Cómete o mar: unha cita coa gastronomía mariñeira entre o 28 de outubro e o 4 de decembro

O Grupo de Acción Costeira 4 organiza a segunda edición de Cómete o Mar, Tempada gastronómica mariñeira de Mar Galaica. Trátase dunha iniciativa interesante. Son restaurantes repartidos no litoral entre Fisterra e Porto do Son, que nas fins de semana de entre o 28 de outubro e o 4 de decembro ofrecen menús especiais de produto mariño entre 25 e 35 euros, centrados nos produtos do mar. Pero ademáis, compleméntase con obradoiros que ofrecen catro dos establecementos, que inclúen visitas a portos, cetáreas e litoral para coñecer o ‘antes’ do menú, a selección e distinción de produtos, desde algas ata moluscos ou polbo. Neste folleto en PDF tedes toda a información.

6 Comentarios

  1. 26 / Outubro/ 2011

    Propostas así non se poden desbotar, abren o apetito e din moito a favor dos empresarios con inquedanzas. Saúdos.

  2. 26 / Outubro/ 2011

    Certamente, creo que o tema é interesante. Creo que a idea de gastronomía mariñeira ten moitísimo potencial: está o produto, a base, e falta entre outras cousas a idea dun novo “branding” de toda esta historia. Este tipo de accións son un bo comezo.

  3. david
    26 / Outubro/ 2011

    Anque ben sei que hai que sumar, que é pouco o que temos e hai que axudar todos, sigo sen entender o sentido desta diglosia, nin rendible, nin intelixente.
    A web margalaica.net vai en catelán, non hai a opción de escolla de idioma, non inglés, non galego, p.e.,
    O resultado son estas combinacións tan rancias: “¡Bienvenida/o! Estás en Mar Galaica. Turismo Mariñeiro.” ou “Con el título de “Cómete o Mar”, Mar Galaica estrenará temporada gastronómica “mariñeira”.”
    Polo demais, que a providencia forre os noso petos con forros de cores verdes e lilas e protexa as nosas papilas gustativas, glándulas pituitarias e ás meniñas dos ollos libre de todo mal porque promete, si que promete.
    Noraboa.

  4. 26 / Outubro/ 2011

    E esse “Cómete” nom é mui galego, é um decalque do castelhano, língua em que o verbo “comer”, com essa acepçom, é reflexivo (mas nom assim em galego). Perdom por estes complexos de linguista estresado hehehe.

  5. 26 / Outubro/ 2011

    Ten toda a pinta de a web ser feita para a campaña de verán, ou algo así. Sen embargo, este folleto vai en galego. En todas estas cousas aínda hai moito que avanzar.

  6. Nel Vidal
    30 / Maio/ 2013

    Esta campaña de “Cómete o Mar” supoño que será para asustar á xente para que non se bañe no verán, ou para que os mariñeiros non saian faenar, non? Ese lema, outro sentido non ten! O desleixo lingüístico da Xunta de Galicia na comunicación e publicidade é tremendo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *