
É algo ben modesto pero se cadra lle interese a alguén, igual que me interesa a min por cuestións profesionais. Todos os días, a primeira hora da mañá, repaso as seccións de cultura dos principais medios internacionais e vou twitteando na miña conta de twitter con este #hashtag, #CultureOut, as informacións culturais que me resultan máis relevantes no día. Basicamente, o límite de alcance é o da miña comprensión lingüística, así que entran cousas de todo o Estado, Portugal, Francia, Italia, Reino Unido, Estados Unidos, Arxentina, Brasil… Este minidossier da actualidade cultural global que fago a nivel persoal pódelo complementar co dossier da cultura galega nos medios que preparamos en culturagalega.org todos os días antes das 10 da mañá e que podes ver na nosa portada. Iso si, non garantizo que o faga todos os días, e desde logo non nas fins de semana, que son para outras cousas.

se agradece
yo desde hace unos días desayuno con tus twitts ;)
+1 que almorza cos teus twits
Grazas! Aínda estou administrando un pouco as fontes, para facer unha selección de contidos máis fina. Por exemplo, por agora estou metendo medios de referencia que son líderes tamén na rede, pero irei entrando tamén outro tipo de revistas, blogs e formatos, sen agobiar. Con 5/6 ligazóns chega de abondo.
desde un punto de vista egoista me parecen pocos; y como humilde sugerencia mejor hacer hincapié en blogs, revistas, prensa extranjera y otros formatos; los clásicos (voz, país, público, el mundo…) ya van de serie por la mañana
completamente consciente que sería a mi “carta”, pero por pedir… la virtud de no dar?
Bueno, hai que ter en conta que se fai máis ou menos en 15-20 min, no tempo dun café máis ou menos tranquilo. Non creo que aumente moito máis o número de fontes. :-)