O eixo Berlín-Roma-Amsterdam-München-London, unha profunda canle de transgresión a partir da confluencia entre arte, programación, performances, urbanismo alternativo, reinvención. Tres engineers, J. Oliver, G. Savičić, D. Vasiliev, elaboraron The Critical Engineering Manifesto. Como sabedes, enxeñeiro en inglés ten unha connotación máis ampla que en galego, abrangue tamén programadores, matemáticos e demáis fauna abstracta. Servando Barreiro tivo a honra de colocar o galego entre as primeiras linguas do manifesto, que é unha chamada ao activismo desde o hacking, os exploits e o código aberto. Cito literalmente o comunicado:
O Enxeñeiro Crítico considera a Enxeñeria coma a linguaxe mais transformadora dos nosos tempos, amoldandose a maneira en como nos mobvemos, comunicamos e pensamos. A función do Enxeñeiro Crítico é estudiar e explorar esa linguaxe, asi coma expor a sua influencia.
O Enxeñeiro Crítico considera que calquer tecnoloxía constitúe un desafío e unha ameaza. Canto maior é a dependencia en relación a unha tecnoloxía, maior é a necesidade de estudala e expor seu funcionamento, independentemente da propiedade ou da regulación legal.
O Enxeñeiro Crítico contribúe na concienciación de que con cada avance tecnolóxico, o noso coñezemento tecno-político é desafiado.
O Enxeñeiro Crítico desconstrue e estimula complexas experiencias de usuário.
O Enxeñeiro Crítico olla mais ala da admiracion da implementación pra determinar métodos de influencia e seus efectos específicos.
O Enxeñeiro Crítico recoñece que cada peza de enxeñeria transforma ao usuário de maneira proporcional a sua dependencia en relación a ela.
O Enxeñeiro Crítico expande o termo ‘máquina’ pra descreber interrelacións que abrangen aparellos, corpos, axentes, forzas e redes.
O Enxeñeiro Crítico observa o espacio entre a produccion e o consumo de tecnoloxia. Actuando rapidamente nos cambios dentro dese espazo. O enxeñeiro crítico serve pra revelar posibles momentos de desequilibrio e decepción.
O Enxeñeiro Crítico olla para a história da arte, arquitetura, inventiva, activismo, filosofia.. e encontra traballos exemplares de Enxeñeria crítica. Estratéxias, ideas e axendas desas disciplinas serán adoptadas, revisadas e desenvoltas.
O Enxeñeiro Crítico entende que o código escrito se expande en dirección ao campo social e psicolóxico, regulando comportamentos entre persoas e máquinas. A través do entendimento desa cuestión, o Enxeñeiro Crítico procura reconstruir cuestións ligadas ao usuário e a acción social através de métodos de excavación dixital.
O Enxeñeiro Crítico considera o ¨exploit¨ (uso das vulnerabilidades dun sistema) como a mais desexable forma de exposición.
Para quen non coñece a Servando Barreiro, reproduzo aquí unha videoentrevista a través de Skype que lle fixen hai tempo:

Be First to Comment