Libros de visitas de Pena Furada (2): Manuel Santos e Marco García Quintela

Esta fin de semana visitaron Pena Furada dous investigadores que tiñamos moito interese en que acudiran: Manuel Santos, arqueólogo do CSIC, e Marco García Quintela, catedrático de Historia Antiga da USC. Ambos os dous teñen traballado moito ao redor de santuarios e lugares centrais na Idade do Ferro en Galicia e parecíanos moi importante contar coa súa opinión sobre o lugar. Aquí a temos.

6 Comentarios

  1. Xabres da Teixeira
    24 / Outubro/ 2011

    Grazas, gracias, gratiae, por enésima vez.

  2. bosquexo
    25 / Outubro/ 2011

    Non se mollan nada de nada. Cómo se nota que pertencen a organismos estatais. O peor.

  3. 25 / Outubro/ 2011

    Home, eu creo que se mollan ben para unha visita dun par de horas. Que deberan dicir, para ti?

  4. bosquexo
    25 / Outubro/ 2011

    Pois o de sempre, o que din xa o sabemos, é o que se leva dito todo este tempo. Todo moi correcto e moi académico. Podían especular, viaxar no tempo,imaxinar o lugar,falar de paralelismos. Todo vestixio arqueolóxico é un testigo que recolle moitos séculos cara atrás e moitos séculos cara adiante. Pois iso. E que as descripcións por obvias non interesan a ninguén a min interesame as relacións. E estou farto de ler libros de arqueoloxía que dedican páxinas e páxinas a describir castros e dólmenes e non a relacionalos co espacio co tempo e co mundo.

  5. 25 / Outubro/ 2011

    Xa, enténdoche, pero ten en conta que os tempos dunha escavación e un proceso arqueolóxico van con máis vagar que nun programa de televisión; é como se foras asentando coñecemento e dando pequenos pasos. Tanto Manuel Santos como Marco García Quintela, se ves neste vídeo, dan claves moi interesantes sobre a factura da Moura, que representa… (é curioso o da embarazada, onte Margarita Ledo, catedrática de Comunicación Audiovisual e experta de imaxe, foi o primeiro que dixo nada máis vela). Os especialistas estannos dando moitas visións e moitos detalles do lugar, pero a clave primordial, cando menos para esta campaña, é identificar a funcionalidade do sitio, o cal é un proceso complexo: ten en conta que traballamos nos límites do que coñecemos na arqueoloxía galega, que as referencias próximas non son exactamente así…Os especialistas relacionan o que ven en Pena Furada co que viron noutros sitios. Neste caso trátase de confirmar. A noticia, nesta campaña, é a funcionalidade do lugar, cando menos para min.

    Póñoche un caso. O interesante muro que foi aparecendo ao principio parecía militar…medieval…pero despois comezou a aparecer a estrutura escalonada embaixo, despois algo parecido a unha porta, despois vimos como nos rebaixes o ancho do muro era moi reducido, funcionando basicamente como contención…e posteriormente, ao solucionar dun xeito determinado, coa curva, o paso entre a porta 1 e a porta 2, observamos que non tiña función defensiva, xa definitivamente, senón delimitadora. Todo iso en tres semanas. É lento ou rápido? Eu creo que rápido. Pero tamén é moi novo.

    Eu xa llo dixen aos compañeiros. Certamente, descubrín que me volvo un positivista de narices nas intervencións nas que estou implicado, tan pesao na miña teima polo concreto como imaxinativo cando a intervención rematou ou falo sobre un lugar no que eu non tiven parte. Pero creo que son dúas caras (e tempos) da mesma moeda. Por iso a min paréceme que os investigadores que nos visitan non se quedan curtos para nada.

  6. Antón Malde
    25 / Outubro/ 2011

    Coa maior cordialidade, eu creo que o din é importante. No vídeo pídeselles un esforzo de síntese, desas duas horas e media na propria Pena Furada. Explícome. Axudan a apronfundar na función e sentido da Pena Fuara. Esta xacida é unha auténtica escepcioanlidade construtiva, con todas implicacións rituais e simbólicas que conleva. Era bon e necesario tivera conexións ou paralelos. É como a estatística, ten que existir tendencias determinadas por constantes, das que se afastan os casos “atípicos” ou “raros”.

    Por outra parte, a ciencia é un construto colectivo, e nestes investigadores há un bon apoio. Este fin de semana finalizaremos os traballos de limpeza vexetal e faremos unha recapitulación na que imos afinar mais a interpretación con novidades bonitas, estimulada sen dúbida, por estas visitas e a reflexión sobre o traballo no seu conxunto (ainda a ser unha limpeza vexetal superficial).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *