
Foto: @paradorsantiago
Hoxe pola tarde participei (despois dunha intensa mañá trotando montes da comarca e un rico cocido no San Martiño) no Foro Unirede, nunha mesa sobre turismo, gastronomía e Internet. Preparei para a ocasión un decálogo de pistas para facer unha mellor comunicación gastronómica e de viaxes, aínda que enfaticei e enfatizo que, xeralmente, cada persoa atopa as suas propias solucións no web. Sempre entendo estas cousas como ‘compartir para inspirar’ ou para ‘abrir camiños’. Houbo un detalle curioso da mesa redonda que, se cadra, os que estiveron alí entenderán. Non me sentín vello -nin moito menos- pero si maduro. Fíxome pensar (para ben). Moitas grazas pola vosa atención!
Aquí está o documento.

Me gustó.
http://farm7.static.flickr.com/6036/6249685346_b8596f29ab_z.jpg e http://farm7.static.flickr.com/6094/6249157047_5d60c0af6a_z.jpg
Alumno aventaxado? XD
Amigo Gago, unha auténtica agradable ponencia, parabéns!
Moitas grazas!