Eu engadiría: Non á tiranía que impide usar libremente carpíns coas sandalias!!!
Seguro que a foro é en Lugo???, porque a xulgar polo muro de bloques de atrás, parece calquera outra muralla galega.
Eu in situ estou convencido de que puña Rayados, pero bueno…
Padín, a clave está na análise arqueolóxica da fotos. Pode vostede apreciar o paramento do muro inferior, característico lugués. Menos mal que alguén con sentido común lle botou eses bloques de cemento arriba. :-)
Esa pintada leva aí xa uns cantos anos. Está na avenida da Coruña, á altura do parque de Frigsa ou da Milagrosa, xunto a xoias como, e cito textualmente, “A cultura é mui cara” e “Non orines nas rúas”. E, efectivamente, pon “raxados”, o cal cadra coa idiosincrasia pragmática luguesa, tendente a criticar as modas impostadas que conleven que che entre o aire frío nas pernas. Pero a palma lévaa unha pintada que aínda se pode ler na xefatura de Tráfico: “Estradas como líricas corredoiras”.
Para quen non o dea lido:
“Non á moda dos pantalóns rayados”
:D
Eu engadiría: Non á tiranía que impide usar libremente carpíns coas sandalias!!!
Seguro que a foro é en Lugo???, porque a xulgar polo muro de bloques de atrás, parece calquera outra muralla galega.
hahaha! Totalmente!
Que conste que ao mellor hai algunha intrahistoria aquí que descoñecemos. A ver se hai sorte e alguén de Lugo nolo conta. :-)
Eu diria que pom mais bem “raxados”, nom?
Eu in situ estou convencido de que puña Rayados, pero bueno…
Padín, a clave está na análise arqueolóxica da fotos. Pode vostede apreciar o paramento do muro inferior, característico lugués. Menos mal que alguén con sentido común lle botou eses bloques de cemento arriba. :-)
Esa pintada leva aí xa uns cantos anos. Está na avenida da Coruña, á altura do parque de Frigsa ou da Milagrosa, xunto a xoias como, e cito textualmente, “A cultura é mui cara” e “Non orines nas rúas”. E, efectivamente, pon “raxados”, o cal cadra coa idiosincrasia pragmática luguesa, tendente a criticar as modas impostadas que conleven que che entre o aire frío nas pernas. Pero a palma lévaa unha pintada que aínda se pode ler na xefatura de Tráfico: “Estradas como líricas corredoiras”.
Os lugueses somos dignos continuadores da mais pura tradiçom romana do “graffiti” :o)