15 de outubro: Arqueoloxía, Historia, Mitos e…cocido na Amaía

Última actualización o 28 / Setembro/ 2011

Cando hai pouco din unha charla sobre as Repúblicas de Homes Libres no recoleto local que a Asociación Cultural O Galo ten fronte a San Martiño Pinario, en Compostela, inmediatamente xurdiu a idea de facer unha visita polas proximidades de Compostela para ver in situ localizacións vinculadas ao mundo tardorromano e a Alta Idade Media. Pois ben, chegou o momento! O 15 de outubro, a Asociación Cultural O Galo organiza Entre Roma e o Feudalismo na Amaía. Será unha excursión de mañá por diferentes e intrigantes escenarios arqueolóxicos das proximidades de Compostela que terei o pracer de conducir. Aprenderemos a ver como se foi transformando o territorio, a poboación e a cultura nun espazo tan decisivo como foi o val da Mahía, e no que mitos e arqueoloxía se mesturan como só acontece neste país. No sitio web para inscribirse podedes ver algunhas propostas de localizacións desa mañá, pero xa vos adianto que haberá sorpresas, que ir co itinerario tan sabido non é divertido. Iso si, remataremos no Castro Lupario, onde aprenderemos a entender e interpretar un xacemento arqueolóxico e a súa evolución no tempo.

E, tras unha dura mañá de paisaxes fermosas e signos nos territorios, felicitarémonos co que eu considero que é o mellor cocido da comarca, o que fai o chef Miguel González Aguiar no seu restaurante San Martiño, en Teo. Leven chandal ou un cinto que poidan afrouxar discretamente. Como me dixo el cando lle chamei: “se veñen 50, vou facer para 80!!!”

Autobús e cocido complet(ísimo) teñen un custe de 30 euros por persoa. Prazas limitadas a 55 persoas. Aquí tes o formulario de inscrición.

34 Comentarios

  1. 28 / Setembro/ 2011

    Manuel, o nome correcto da comarca é Amaía,iso si, usado co artigo, A Amaía. Daquela…cocido na Amaía. A rescpecto diso, a palabra procede dun xentilicio, os “ameeci”.

  2. 28 / Setembro/ 2011

    Dos dous xeitos teño visto escrito o topónimo na actualidade, Airas. Pero teño a sensación que lle pasou como a O Grobe, que sufriu o impacto da castelanización do topónimo, e ese impacto substanciouse en crearlle un artigo a un topónimo que non o tiña e un v onde había un b. Pero paréceme máis correcto o que ti propós, certamente.

  3. 28 / Setembro/ 2011

    Si, o mesmiño ca nos casos de Agrela, Agolada… mais neste caso parece ser que o deixa moi claro a documentación medieval recollendo o termo Amaaea (López Ferreiro). O celtista Higinio Martins identifícao cun termo “non latino” AMMÃIÃ que segundo el viría a significar algo así como “nai nutriz-avoa”…

  4. selioparda
    28 / Setembro/ 2011

    Xa que ides pasear pola Amaía e o castro Lupario, supoño que visitaredes a ponte romana en Francos. Tamén podedes acercarvos o enclave de Vigo (Rois) ós pes do castro, onde se sitúa a mansión romana de Vicus Caporum, que se identificou durante moito tempo con Vigo (Pontevedra). E visitar as Torres de Altamira en Brión e o Castelo da Rocha Forte, tamén estaría ben. Para que vexades que Amaía era un enclave estratéxico de comunicacións.

  5. selioparda
    28 / Setembro/ 2011

    Ves eu sabía que lera algo e tiña unha teoría sobre a etimoloxía de Ames. E voilá¡¡¡ Xa a atopei. Esto é para que o saiban todos os 30000 habitantes de Ames que non son poucos, e para que o contes ti na túa excursión. Xa me podían pagar algo polas miñas aportacións históricas. O concello de Ames xeográficamente ocupa a depresión meridiana, e máis concretamente o intervalo entre dous ríos, o Tambre e o Ulla. Unha fórmula para “Entrerríos” en latín é a palabrexa “Interamia”. E de “Interamia” ven “Ames” ou a comarca da Amaía. Podedes ler a explicación que da A.M Canto aquí. Existen moitos Interamnium no imperio romano. Non me acordaba nin da miña intervención ja,ja.

  6. seliopardadenuevo
    28 / Setembro/ 2011

    amnis (río en latín), se pronunciades amnis en google traductor, realmente sona a Ames

    Interamnium es un topónimo muy común en el imperio romano para designar lugares entre dos ríos. Tenemos Interamnium Preatuttorium que dio lugar a Interamia o Teramo.

  7. Elixio Vieites
    29 / Setembro/ 2011

    Algunha cuestión aclaratoria.
    1. Onde se paga e a quen?
    2. A que hora se sae e de onde?.perdoade se está por aí e non o vin.
    3. Como se sabe que xa se está apuntado ao roteiro?
    AH, Por certo moita sorte na conferencia en Ponteceso(o ideal sería que a gravares e a puxeras no blog), senon quedara tan lonxe, alá estaría. Na costa da Morte nun libro que lín decía que lle chámaban “xunta do lormani” cando os nenos cambian de cabelos loiros e de ollos azuis intensos a un pouco máis morenos, alá pola adolescencia. Se queres mírocho, pois estou falando do que recordo, pero o libro está na casa.

  8. 29 / Setembro/ 2011

    Estaba a ligazón ao final do post.

    http://www.acogalo.net/?p=254

    Eles se encargan de todo, se tes dúbidas comenta con eles.

    Si, sei o dato da Xunta de Lordemán, pero aínda non me atrevín a abrir esa caixa. :-)

  9. Balbina
    29 / Setembro/ 2011

    Hai desconto para estudantes? ;)

  10. Anónimo
    29 / Setembro/ 2011

    Eu nom é por fazer-me repunante co tema toponímico (que bem sei que o som), mas “Ames” nom tem nada a ver (do ponto de vista etimológico) com “Amaía”, nem muito menos com “Interamnia” e com o latim AMNIS. Na realidade, “Ames” aparece documentado centos e centos e centos de vezes nos textos medievais e pós-medievais como OLIAMES, de onde a forma romance (também documentada nos textos) “Oyames” (pola perda do -L- intervocálico, como en SANTA CECILIA > Santa Sia / Santa Cia) e depois, precisamente polo mesmo que ocorreu com Ogrove > o Grove, passou de Oyames > Oames para O Ames. A diferença é que neste caso, o falso artigo determinado perdeu-se na realizaçom do topónimo, daí o actual “Ames” e nom o esperável “O Ames”.
    A coincidência formal entre Ames e Amaía é simplesmente casual.
    Saúdos!

  11. 29 / Setembro/ 2011

    O diñeiro é para pagar bus e xantar, Balbina, e témome que nin un nin outro fan descontos. :-)

  12. 29 / Setembro/ 2011

    Curioso o de Oliames/Oiames. Que pode querer dicir?

  13. seliopardadenuevo
    29 / Setembro/ 2011

    E digo eu, oliames Oyames, non pode vir de Oia Ames, Olla Ames, ou o que é o mesmo Val de Ames ou a “olla de Ames”. O Val de Ames é moi profundo 50 msnm con respecto ós montes circundantes.

  14. 29 / Setembro/ 2011

    Hahaha, nom, Seliopardadenuevo, é umha explicaçom mui pouco verossímil do ponto de vista fonético. Em “Oliames” temos um topónimo pré-latino, mui provavelmente um hidrónimo, que podemos analisar como: um radical (esse *oli-, seja o que for o que signifique) e um sufixo átono -ama (neste caso em plural)cuja existência está verificada nas línguas célticas com valor superlativo ou intensificativo. Temo-lo por exemplo em DUXAME, em MORAIME, e por suposto nos casos típicos de SÍSAMO, VISMA (medieval Visama), GUÍSAMO, LEDESMA (antigo *Bletísama)… onde o que comparece é umha variante -isama mui típica das línguas célticas e da sua toponímia. Por exemplo, SÍSAMO seria ‘o mui forte, vitorioso ou bem protegido’; LEDESMA provavelmente fosse ‘a moi chá’ etc.
    Tendo em conta que o sufixo é átono, en OLIAMES haveria que pronunciar Olíames; o que se passou foi que, num fenómeno bastante habitual em termos de fonética histórica,o acento tónico tendeu a se deslocar para a vogal mais aberta, passando a se pronunciar *Oliámes (e daí *Oiámes > *Oámes > *O Ames > Ames). Insisto, todo este processo nom é umha simples especulaçom, senom que se pode seguir passo a passo na documentaçom medieval e já moderna da zona.
    Saúdos e desculpem o meu “rolho”!

  15. 29 / Setembro/ 2011

    Tendo em conta o que dizes, Seliopardadenuevo, sobre as caraterísticas geográficas do Val de Ames, e tendo em conta a presença do sufixo superlativo, quiçá umha boa interpretaçom semántica do topónimo seria ‘o mui profundo’. Mas careço de dados para afirmá-lo com seguridade, é umha simples conjectura.

  16. 29 / Setembro/ 2011

    De rollo nada. É marabilloso. :-)

  17. 29 / Setembro/ 2011

    Por se vos interessar, deixo-vos a ligaçom a um projeto que começamos a desenvolver hai uns anos no Instituto da Língua Galega: http://ilg.usc.es/itgm/
    De momento hai pouco material introduzido (e nom se espera introduzir muito mais a meio prazo), mas desse que está disponível a grande maioria refere-se a lugares da zona ocidental da Galiza, que é por onde mais se move ultimamente o senhor Magago ;-)
    Um saúdo!

  18. seliopardadenuevo
    29 / Setembro/ 2011

    respeto a túa opinión pero as túas evolucións Oiámes>Oames>O Ames>Ames son tan especulativas coma as miñas, con moito de sonsonete, e cando digo sonsonete me refiro á fonética. Resulta estrano que o que quede dun nome sexa o sufixo e non o radical e eu prefiro usar o sentido común aínda que me equivoque. Realmente estrano. Se o que perdura nos nomes dos lugares son os sufixos e non as raíces onde se garda a maior parte do significado, entón apaga e vamonos. Respeto moito as aportacións dos linguístas, os seus estudios son fundamentais e complementarios, pero facer un estudo fonético a partir de transcripcións fonéticas de textos medievais totalmente deturpados, e tomando o pé da letra unha vogal ou unha consoante e establecer unha evolución fonética ríxida dun nome fonéticamente deturpado. Que queres que che diga. Detrás dos topónimos hai moito de xeografía do territorio, de ahí ven a palabra topónimo, de topografía. As aportacións neste senso son fundamentais para apoiar unha teoría ou outra. E xeralmente a xeografía non falla.

    Me parece máis lóxico vincular “amnis” “río en latín” con “Ames”, e me parece lóxico relacionar “Ames” cunha “Interamia”. E “Amia” é o radical que pode explicar as dúas formas de Ames e a Amaía para a mesma zona.

    E que non se pode empezar con “é unha explicación mui pouco verosímil do ponto de vista fonético” tendo o exemplo do caso italiano que dun Interamnia evolucionou a Interamia, e de aquí a un “ter-amo”

    selioparda

  19. seliopardadenuevo
    29 / Setembro/ 2011

    e recordarche que aínda que apareza un Oyames no Tumbo de Toxosoutos, me parece que a primeira alusión as terras de Ames é o Cronicon Iriense onde aparece Amaeam , que vincula Ames e Amaía como a mesma cousa.

  20. seliopardadenuevo
    29 / Setembro/ 2011

    Perdón é que estou indignado ha,ha,ha

    Ou sexa que no Cronicom iriense xa temos o sufixo átono totalmente desgaxado da raíz e despois na Idade Media aparece unha raíz céltica unida a ese sufixo desgaxado. De Amaeam>Oyames>Oames>Ames. Eso máis que unha evolución fonética pouco verosímil é un palíndromo.

  21. 29 / Setembro/ 2011

    Pois vamos por partes, como dixo o outro.
    A língua funciona como um sistema, e nesse sistema há evoluçons que som possíveis e outras que nom. Indo ao caso que mencionas, a evoluçom -MN- > -m- nom se dá nunca em galego(é um dos axiomas da gramática histórica), pois no nosso romanço -MN- dá sistematicamente -n- (do mesmo jeito que dá em castelhano). SOMNU > sono / sueño, DOMNU > dono / dueño etc. Outra cousa som as pautas que funcionárom no romanço italiano, que tu mencionas, mas isso já é outra cousa, e, com efeito, em italiano sim é possível tal evoluçom. Insisto, a língua é um sistema, e a toponímia é um sub-sistema dentro da língua, e funciona com umha regularidade abraiante.
    Aliás, um topónimo baseado em AMNIS é altamente improvável em galego, pois AMNIS é nominativo, e o 99% do material toponímico baseado em lexemas (em elementos do léxico comum) procede do antigo acusativo latino: haveria que defender portanto um étimo *AMNEM, que por via regular daria *Ane (e *Añe em castelhano). Há também, portanto, implicaçons morfológicas.
    Por outro lado, os falantes, na evoluçom dos topónimos (e muito mais quando falamos de topónimos pré-latinos, que já carecem de conexom com o léxico comum e resultam portanto opacos) nom diferenciam se isto é um radical ou um sufixo, tratam o topónimo como forma compacta e única. Ou pensas que em OLIÁMES iam saber que esse -AMES é um sufixo céltico que significa tal e qual? Evidentemente nom. De todos os jeitos, insisto em que esta hipótese que eu espugem é simplesmente umha das existentes para o topónimo, mas com a particularidade de que fonética e semanticamente é plausível. Se soubéssemos o que significa o radical, daquela muito melhor; mas por desgraça, só podemos achegar-nos ao seu significado, e o dado geográfico que tu assinalavas antes parece-me relevante para fazê-lo, tal e como já indiquei.
    Nom quero ofender nem muitíssimo menos, mas à hora de interpretarmos toponímia há que ter em conta evidentemente a geografia do lugar (isso é essencial, e assim cho indiquei no meu segundo comentário), mas nom se pode fiar o resto à simples intuiçom ou a hipóteses que, simplesmente, som impossíveis dentro do funcionamento da língua. “Olla Ames” é simplesmente impossível em galego, porque “olla” nom é umha palavra patrimonial galega (em todo o caso seria “ola”).
    Ah, esquecia. Evidentemente, os textos medievais dam problemas, sobretodo quando som cópias. Mas essa é outra das responsabilidades que tem que ter um toponimista, e que os bons toponimistas assumem: fazer crítica textual, saber que fontes documentais som fiáveis e quais nom, quais fôrom as condiçons em que se transmitírom os textos etc. Há muitíssimas variáveis a ter em conta, e isso é o precioso da toponímia, que estabelece pontes com disciplinas mui diversas. Mas no caso de AMES, a documentaçom, para além de ser fiável, é mui mui avondosa.
    Saúdos!

  22. Luis
    29 / Setembro/ 2011

    Ulmo, non coñecía o traballo do ILG que se recolle na ligazón.
    É de quitarse o chapeu.
    Moitas gracias.

  23. 29 / Setembro/ 2011

    Por certo, na Crónica de Íria também se indica que ÍRIA, como topónimo, procede de BISRIA, por estar situado entre os rios Tambre e Ulha. Evidentemente, é umha pseudo-etimologia como quando num texto do s. XVII se indica que o topónimo ONS, em Briom, procede da exclamaçom de supresa que emitírom as gentes do lugar quando a ponte sobre o Tambre se derrubou por mediaçom do Apóstolo Santiago.

  24. 29 / Setembro/ 2011

    Obrigado Luis. Mágoa que agora esteja em stand-by.
    Saúdos!

  25. seliopardadenuevo
    29 / Setembro/ 2011

    Ulmo de Arxila non quero converter isto nun toma e daca, simplemente é pasar o rato, pero evadiches a túa metedura de pata, planteaches unha evolución moito probabel, posto que a miña “é pouco verosímil”, a partir dunha forma deturpada medieval de Ames que aparece no Tombo de Toxosoutos coma “Oyames” ou “Oiames”. E non te deches conta que a primeira mención do topónimo Ames é no Cronicon Iriense como Amaeam, polo que a túa evolución a partir dese radical prerromano “oli” ou “oy” é un engadido posterior.

    “Oliámes (e daí *Oiámes > *Oámes > *O Ames > Ames). Insisto, todo este processo nom é umha simples especulaçom, senom que se pode seguir passo a passo na documentaçom medieval e já moderna da zona” Son palabras túas.

    Agora tiñas que engadir, que realmente foi unha especulación porque a primeira mención do topónimo Ames é anterior a época medieval, e aparece no Cronicon Iriense como Amaeam. A túa evolución nada especulativa sería Amaeam>Oiames>Oames>OAmes>Ames. Engadíronlle un prefixo “Oi” “Oli”.ha,ha,ha

    Non sei se manexaches algunha vez textos medievais e posteriores, as incorreccións gramaticais, as invencións latinas, as semellanzas fonéticas son frecuentísimas. E moitas veces esas palabras que aparecen nos textos medievais e que os linguístas adoptan cunha rixidez espantosa son moitas veces froito da fonética de sonsonete coa que se acusa ós principiantes. Venme a cabeza o Vico Spacorum, por Vicus Caporum.

    É certo que en galego MN latino pode evolucionar nalgúns casos en N, pero as linguas non son ciencias exactas. E os que falaban as linguas falaban de oído e baseándose no sonsonete, e se a forma “amnis”, moi diferente ás formas alumno ou columna, porque as palabras son diferentes, derivou na fonética vulgar e “analfabeta” en “Ames” ou “Amis”, pois moi ben.

    Se ademáis existen moitos exemplos no imperio romano onde a forma interamnia evolucionou por semellanza fonética a “interamia”. Hai filólogos a favor e filólogos en contra, pero na rede a maioria defende que interamicus é o gentilicio de interamnia. Existe un Fuscus Interamicus en Cacabelos, e un Interamnium Flavium no Bierzo do cal procede. Temos o caso que xa comentei do Interamnium da península itálica que evolucionou xa en época romana a Interamia, e logo a Teramo.

    Polo tanto a confusión da forma MN en M non é romance senón que xa se da no latín. Os escribas latinos máis cultos ou menos cultos escribían igual que na Idade Media con errores gramaticais e con fonética de sonsonete, e o gentilicio de Interamnium era interamicus. Porque as linguas non son ciencias exactas e hai xente que di “huevo” e xente que di “buevo”.

    En google books tedes o libro:

    El tejido urbano de época romana en la meseta septentrional de Liborio Hernández Guerra . Dedica un artículo a Interamnion Flavium en el Bierzo y habla de las epigrafías con la forma “Interam(n)icus” existentes en la zona.

    E xa estou de Ames ata as narices, que disfrutedes a excursión. E que vexades un profundo val, a Oya de Ames, entre dous ríos, o Tambre e o Ulla, onde viven os interamicus.

  26. 29 / Setembro/ 2011

    Pois mui bem, home. Se queres a razom dou-cha, que eu hei dormir tranquilo igual. E concordo com o que dizes: a desfrutar da excursom.

  27. 29 / Setembro/ 2011

    Tinha boa razom o outro: de futebol e medicina, todo o mundo opina.

  28. ?
    30 / Setembro/ 2011

    oya de ames? o que hai que oir…

  29. elixio
    1 / Outubro/ 2011

    Pois ei vai unha versión.
    Cando eu era pequeno e se apañaba a herba na ribeira do río,( O tambre ou Donas) perto xa do mar, Hai meandros e a auga vai lenta, hai canavais, e brañas. A eses sitios chamábaselle “A meán ou Ameán” non sei se con artigo ou non(posiblemente coa mesma raíz no latín de Meandrus”). Existe un lugar en Rois Parroquia de Sorribas que se chama A Meana, e cumple esas características. Hai unha entrada no dicionario da Real Académia: Maiola:”falta de gana ou ánimo, preguiza, nugalla. Non sei, eu creo que podía ser un nome que dera idea de lentitude das aguas, ou de terreo chan e con meandros .

  30. 1 / Outubro/ 2011

    Esse “Meán” tem todas as traças de ser um cognado de “Meao”, forma própria do galego central e oriental. As duas som (sonsonete mediante) a evoluçom esperável em galego-português do latim MEDIANU(M). Por exemplo, CASTRO MEAO < CASTRU(M) MEDIANU(M) 'castro do meio'. No galego ocidental, A Meán / Ameán (por aglutinaçom do artigo determinado, mui frequente), e também em sintagmas como "Campo Meám" (Arteijo), ou seja, "Campo do Meio", e similares. No léxico comum, a forma patrimonial "meao" / "meám" passou a ser suplantado polo cultismo "mediano", hoje de uso comum.
    Todo isto, como dizia, sonsonete mediante, claro.

  31. 1 / Outubro/ 2011

    De todos os jeitos, e tendo em conta o conteúdo propriamente hidronímico que parecem ter esses topónimos de que falas, tampouco descartaria que tivessem a ver com o radical hidronímico (de origem céltica) *am-, mui produtiva na toponímia galega (casos como Amio ou a própria Amaía, sem ir mais longe). O fitónimo “amieiro” / “ameneiro” quiçá tenha a ver também com essa raiz hidronímica; as hipóteses de Edelmiro Bascuas iam por essa linha.
    Saúdos!

  32. artabris
    2 / Outubro/ 2011

    Interesantes explicacións toponímicas!

    Pero con respecto á excursión ese día o 15O hai a nivel case planetario un evento que non quero perder de ningunha forma, unha mobilización da cidadanía para a que de verdade todas deberamos acudir. Agora, cada quen é libre, faltaría máis!

    O lema: WORLD REVOLUTION, REVOLUCIÓN MUNDIAL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *