Unha cociña victoriana agachada desde a II Guerra Mundial

Archie e Philippa Graham-Palmer estaban acometendo reformas no soto da súa casa cando comezaron a quitar trastos vellos dunha parede e apareceu algo incrible. Unha porta que estivera oculta detrás da cacharrada desde a II Guerra Mundial. Cando a abriron, alucinaron. Era unha auténtica cápsula do tempo. Aló, no interior, estaba unha auténtica cociña victoriana, con todo practicamente deixado polo lugar. A cociña fora construída no 1830 na área destinada aos serventes e mantida sen tocar durante máis de cen anos. Durante a guerra reocupouse como refuxio antiaéreo a cociña por estar no soto do caserón. “Mesmo atopamos un libro de cociña”, dixo a parella, “a maior parte das receitas precisarían unha chea de cociñeiros”.

A noticia está no Mail online, que non é a fonte máis crible do mundo, pero é o que hai. Aquí podes ampliar información. E a historia é tan preciosa que aquí a deixo contada.

Grazas, Xosé Salgado!

2 Comentarios

  1. 22 / Setembro/ 2011

    a mi por eso siempre las puertas me han parecido mágicas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *