Un…dous…tres…gravando!

O Hexacopter XL que vos presentei a finais de xullo, montado polo meu irmán Xurxo e que participará en diferentes proxectos de AXENA e Capítulo Cero, xa vai dando un paso máis. Aquí o podedes ver xa gravando vídeo en alta definición con bastante estabilidade. Agora hai que incorporarlle sensores de posición e sensores GPS que nos permitan programar os vóos. Tamén veremos como se pode incorporar unha cámara cenital para tirar o máximo partido a cada saída do bichobótico este.

2 Comments

  1. candepalleiro
    21 / Setembro/ 2011

    Increíble o destes trebellos voadores!!…o da Catedral de Santiago é impresionante…Un enorme potencial

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *