Probo o Lynus 2006, un prestixioso Ribera del Duero. É curioso como son as percepcións de sabores. Despois dun mes bebendo tintos alpinos ou franceses, enfrontarme ao primeiro tinto da Ribera del Duero fíxoseme costa arriba, e custoume un par de días rematalo. O viño, aínda que sólido e estruturado, tiña unha concentración e unha carga tánica tan intensa ben inusual mesmo para a Ribera. Podo estar trabucado, pero teño a impresión de que este Lynus 2006 pertence ao tempo no que os viños se facían para concurso e para agradar a Robert Parker; viños con todas as súas capacidades e características a punto desde o primeiro momento, viños concebidos para un público moi distante do lugar no que se cultivan as viñas, no que cada copa ten que rendir o 100%. Ao mesmo tempo, viños non preparadas para unha noite tranquila, no que os caldos entran na conversa coas persoas, e van evolucionando. Ao segundo día, o Lynus estaba igual que no primeiro. E máis que resultarme coñecido, máis be me resultou un gran descoñecido.

Non estou seguro de que o que eu bebín en numerosas ocasións, se tratase de un 2006; por que o certo é que sempre me pareceu un viño sólido e fino.
O que nunca me pareceu -pode que ese sexa o seu punto feble- foi evolutivo, ainda que levo tempo sen catalo.
Elaboran un Ano de Gracia (moito maís caro que o crianza ou o Aurea), que que se se me fixo duro demais.
Un saudo.