O futuro dos videoxogos [vídeo]

Máis que interesante este documental sobre o futuro dos videoxogos realizado por Latitude e que tamén consta dun informe en texto [ler PDF]. Nesta ollada cara o futuro, os xogadores demandan que os videoxogos rebasen as pantallas dos ordenadores e incorporen de xeito eficiente técnicas de realidade aumentada, interacción cos cinco sentidos…un pouco o soño da virtualidade coa qu ese soña desde os 80. Pero tamén resulta sintomático a dimensión ‘utilitaria’ dos videoxogos. Durante a investigación, un número significativo de usuarios tamén quere empregar os videoxogos para mellorar as súas habilidades persoais e profesionais.
Vida Real e videoxogos, cada vez máis mesturados. (vía )

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *