Escavacións no San Vítor. Foto: Proxecto de investigación.
O proxecto de San Vítor de Barxacova, en Parada de Sil, é outro dos escasos proxectos de investigación arqueolóxicos deste verán galego, e o que se achega directamente a unha antiga necrópole medieval que permite formular hipóteses sobre a formación e reordenación do territorio na Ribeira Sacra. De feito, na campaña deste ano comeza a petar forte a hipótese de que, mesmo nun lugar hoxe tan inhóspito, puido existir un asentamento agrícola vinculado á necrópole. Tamén dispoñen de blog actualizado cos avances na investigación. O proxecto está financiado polo concello de Parada de Sil.
Canda a escavación na necrópole -que na campaña deste ano revélase como a máis estensa das rupestres que hai en Galicia-, os investigadores Eduardo Breogán Nieto e Vítor Rodríguez, dirixidos pola profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador, tamén traballan na recollida de folclore e memoria polas aldeas veciñas. O outro día pasoulles esta grandísima anécdota que contan no blog:
A busca de xacementos arqueolóxicos está cambiando cos tempos. Xa as cousas non son iguais que nos tempos de Conde Valvís. As comunicacións son diferentes. E senón, que llo digan a Maruja, que leva con orgullo o de ser nonaxenaria. Cando lle preguntamos pola espada de Forcas, contestou con rapidez:
– Eu d’eso da espada non sei nada, pero teñen todo en Internet.

So unhas verbas para agradecerte tanto a entrada sobre o Santuario de Armeá, como este Vitor de Barxacoba. Os dous son estupendos e as fotos igual.
Como vexo que no de Armeá, xa están a traballar, penso que algo tiveches que ver no asunto.
Moitas gracias, por min e en nome da cultura deste noso pais.
Unha aperta
Boas,
simplemente comentarvos que @s que lle interese saber un pouco máis sobre este espectacular xacemento, na mediateca da UVigo.tv (http://tv.uvigo.es/video/33576) fica a palestra presentada polo equipo que escavou en Barxacova o ano pasado. Esta conferencia foi presentada da mán do director da intervención Eduardo Breogán e do medievalista Víctor Muñíz ó abeiro das I Xornadas de Novos Investigadores do Noroeste (XNINO) promovidas polo Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo (LAUV), promocionadas pola Asociación de Licenciados e Estudantes de Historia de Ourense (ALEHOU) e a Vicerreitoría de Investigación da Universidade de Vigo, e coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Facultade de Historia de Ourense.
Para saber máis das XNINO:
http://lauv-web.blogspot.com/p/xornadas-de-novos-investigadores-do.html
http://tv.uvigo.es/gl/serial/941.html
Un saúdo.
Martín (LAUV-GEAAT)
P.D. Dende o LAUV-GEAAT, en colaboración coa Sociedade Martins Sarmento, estamos tentando celebrar a IIª edición en Guimarâes no 2012 coincidindo coa súa capitalidade cultural.

Hola Manuel,
Graciñas pola difusión. Quedades todos convidados a vir.
Un apunte apenas. O proxecto está cofinanciado polo Concello de Parada de Sil e tamén a Universidade de Vigo (Axudas a grupos de investigación da Vicerreitoría de Ourense).
Xa ves que o que o mundo está a mudar con internet…
unha aperta
bea
Boas Manuel:
Non sei se coñeces unha zoa similar no concello de Baños de Molgas, concretamente ao caron do pobo de Almoite, chamase Eirexa Vella.
Nela aparecen unhas tumbas iguales, pero esta todo cheo de maleza.
Seria interesante intentar algo semellante, pois e posible que apareza
algo polo estilo de San Vitor.
Saudos