
Fotograma do segundo episodio de Xogo de Tronos
Algo incómodo sucede no segundo episodio de Xogo de Tronos, sobre todo se un veu o primeiro, que funcionou como piloto desta serie de fantasía épica de HBO. O primeiro episodio de Xogo de Tronos ten un ton brutal moito máis marcado que os seguintes: vísceras e intestinos polos aires, mortos avanzando cara as fases máis chungas da putrefacción, todas as escenas de sexo coas mulleres en papel sumiso, sangue a chorros, violencia gratuíta. Ese ton forte foi só unha boutade, que se aplica en doses moito máis reducidas nos capítulos posteriores. Pero houbo algo que me resultou especialmente curioso no segundo episodio. O príncipe herdeiro ao trono sufre unha trabada por un dos lobos brancos que levan consigo a xente de Lord Eddard Stark. En compensación, o rei ordea a Stark matar o lobo. E aquí ocorre o que vos vou a contar. A serie vai avanzando cara un clímax emotivo. No momento da execución, a cámara, que se recreou na morte de ducias de homes desde o capítulo anterior, néganos a morte do animal. Se cadra os guionistas saben que habería queixas públicas por exhibir a morte dun can, pero fican tranquilos porque saben que haberá indiferencia ante a morte de persoas.
Nese momento reparei en cantas veces acontece isto nas producións audiovisuais.

O nome no orixinal en inglés dos lobos do norte na novela e “dire wolf”, “huargo” é o nome da traducción ao castelán moito máis tolkiniano; podedes consultalo na Wikipedia que o explica moi ben.
Por outra banda a min a serie gustoume, non sei sen embargo se terán intención de facer toda a serie da “Song of Ice and Fire” nin de como resultaría.
Certo, é un huargo. Ben puntualizado!
A min a serie gústame, aínda que ao meu ver non é para botar foguetes. Pero recoñezo que, segundo avanza, está moi ben guionada.
En canto ao tema da violencia exercida contra os animais na serie, xa hai tempo que a vin, pero agora creo lembrar que no torneo que o rei organiza na honra da “Man”,non recordo o capítulo, “a Torre”, o irmán do “Can”, decapita ao seu cabalo, e aquí si que non escamotean nada de nada.
Na saga de novelas non se escatima nada de violencia. E na versión televisiva, tampouco quedan moi atrás. Sí hay escenas de violencia contra persoas nas que os realizadores parecen recrearse. Non digo moito máis por aquelo de non facer “espoilers”.