O restaurante Ática e a outra Barcelona gastronómica

Última actualización o 19 / Xullo/ 2011

Hai outra Barcelona gastronómica máis alá das luces e do glamour dos sitios que, merecida ou inmerecidamente, aparecen nas guías, nas recomendacións ou nas revistas de compañía aérea. É unha Barcelona de barrios, que se resume de xeito marabilloso nesa marabilla que é El Ingenio, un obradoiro de disfraces e figuras de cartón pedra con máis de 160 anos de existencia, metido no corazón do Barrio Gótico. Coñézoo da man de Sara Maria Aixàs, despois dunha intensa e rápida visita a algúns dos deliciosos obradoiros artesanais que aínda fican no corazón da vella Barcelona: lugares que souberon manter a súa identidade artesanal e vestila no corazón desta cidade tan contemporánea, como Vila Viniteca, o gran complexo de viños que ocupa varios locales en edificios próximos con diferentes usos, e de onde me trouxen, inevitablemente, algunhas xoias da viticultura catalana. Tomamos cafés incribles, tróuxenme butifarras de curry e mazá, percorremos tostadores de améndoas…Detrás de estas portiñas pequenas da cidade vella acóchase un mundo que leva a gastronomía a un territorio clásico, cómodo, cheo de notas recoñecibles que te acompañan toda a vida.

Lugares ás veces secretos e ás veces máis populares, pero é aquí onde latexa a profunda alma gourmet desta fermosa cidade mediterránea. Mar Calpena e Sara María lévanme xantar ao restaurante Ática [T: 934906535 / localización], unha auténtica sorpresa no barrio de Sants, lonxe dos circuítos turísticos de Barcelona. O Ática é un dos restaurantes de cabeceira dos blogastrónomos cataláns, pola súa espectacular relación calidade prezo. “Eu creo que é a mellor de Barcelona”, asegura Mar Calpena. Abofé que o parece. Este modesto local saca á mesa ricas marabillas de cociña de raíz catalana: ensaladiñas, exaltación do porco, verduras de tempada…

Este tartar de salmón, por exemplo, estaba espectacular, en especial por esa cama de berenxena asada que era de chorar.

Chipiróns con preve de cabeza, unhas carrilleiras que eran manteca pura, practicamente pecaminosas do intensas que eran…

Un carpaccio de pés de porco, pero non había ser a única. Mirade estes marabillosos (e irónicos) Peus de porc sense feina (pés de porco sen traballo):

Rematamos con viño doce, disfrutando de sabores de infancia, queixos, chocolate con sal (un gran achado do mundo larpeiro catalán).

A cousa, cunha botelliña de viño do Montsant (tinto necesario para esta comida lixeira que nos papamos), saiu en 30 euros por cabeza. Para BCN o prezo está moi ben.

Ática é destes restaurantes que espertan emocións nos amigos. A cada novo prato, Sara e Mar -e Massitet polo twitter- lembraba outros pratos máis, pequenas obras artesanas de gastronomía que provocan que coñezas tan ben os sabores dun local coma aos personaxes da túa serie de TV favorita. Descubrir o Ática coas miñas amigas foi un auténtico luxo, un auténtico pracer. Intercambiar viños, risas, chismes e descubertas lévante ao mellor da gastronomía: a sensación de compartir o que te fai feliz.

Moitas grazas, mozas!

7 Comentarios

  1. 15 / Xullo/ 2011

    ¡Para nosotras fue en placer verte y compartir mesa contigo! Veo que además hicisteis la ruta completa por el Born. Qué bien que hayas podido disfrutar de nuestros barrios y del Ática, pero ahora queda que venga también Sole, que se la echó de menos. Hoy he comenzado con Cunqueiro, por cierto…

  2. 15 / Xullo/ 2011

    Un gustazo compartir contigo todos estos rincones de Barcelona; esperemos que la proxima vez pueda venie Sole, la encontramos a faltar como dice Mar

  3. 15 / Xullo/ 2011

    Un placer compartir estos pequeños lugares de Barcelona contigo; la proxima vez con Sole, como Mar la encontre a faltar

  4. 17 / Xullo/ 2011

    Ah, de lo mejor de la creme bloguera de Barcelona en uno de sus mejores locales.

    Suertudo!! :)))

  5. 22 / Agosto/ 2011

    Visitei o Ática hai unhas semanas despois de ler a túa experiencia e realmente foi memorable. O tartar e os pes de porco, absolutamente xeniais. Moitísimas grazas pola pista, sen dúbida pagou a pena e repetirei en canto poida volver a esa marabillosa cidade que é Barcelona.

  6. 22 / Agosto/ 2011

    Alégrome de que te gustara!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *