As árbores pintoras

Nun cruce entre unha experiencia de arte aleatoria e un experimento biolóxico, o artista Tim Knowles ten o proxecto Tree Drawings (Debuxos de árbores), no que colocou nas puntas das ponlas de varias árbores do Distrito dos Lagos inglés ferramentas de pintura e deixou…que a árbore sse expresara. As follas de papel reproducen os movementos naturais das árbores e os seus momentos de inmobilidade.

“Como sinaturas, cada debuxo revela algo sobre as diferentes calidades e características das árbores mentres abanean coa brisa: a liña fluida e relaxada do carballo, o toque delicado e tentativo do piñeiro, as neuróticas e duras rascuñas do espiño”.

Máis en Cabinet Magazine e na páxina de Knowles.

2 Comentarios

  1. 12 / Xullo/ 2011

    Que bo, Senem!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *