Máis que interesante este viño navarro: Marco Real Colección Privada 2007. Cun coupage de tempranillo, cabernet sauvignon, merlot e graciano, a confluencia entre variedades foráneas e variedades propias outórgalle unha gran personalidade. É un viño opulento en boca, no que se notan as notas tan características a pemento do Cabernet Sauvignon, pero tamén a rotundidade da merlot e o corpo indubidable do tempranillo.
Este Marco Real Colección Privada 2007 encaixa nesa tipoloxía de viños nos que á segunda copa de súpeto, sen vir a conto, sáeche o comentario en voz alta: “pero que bo está!”. Un tinto redondo, con toques modernos que, ao meu ver, está agora no seu gran punto de consumo e que acompaña fielmente durante unha longa comida.
En Compostela atópalo en Valladares.

Sé o primeiro en comentar