A historia de Rita e Frank

Ao mellor xa a tes vista, pero a min esta sinxela historia pareceume marabillosa. Rita e Frank son este matrimonio de anciáns que quixeron gravar en vídeo un saúdo aos amigos para celebrar o 80 aniversario de Rita. Así que pensan que para gravar o vídeo hai que facer como coas fotos, esperar unha conta atrás e escoitar un click que non chega. “Papi, escoitaches o click?”, dille Rita a Frank. “Non”. E alí seguen, agardando.

Finalmente, Rita e Frank descubren como funciona o mecanismo de gravación da webcam do seu ordenador e gravan a súa mensaxe.

A historia é absolutamente simple pero ten algo de marabilloso: o encontro entre uns anciáns e unhas novas tecnoloxías que lles encaixan na súa vida.

2 Comentarios

  1. 4 / Xullo/ 2011

    Había unha historia parecida no libro “Polaroid” de Suso de Toro. A familia posaba queda de todo diante dun fotógrafo con cámara, e este acababa decindo: Móvanse, que é un vídeo!.

  2. 4 / Xullo/ 2011

    A nós nos pasou durante a produción de Ao pé do Lar, en Chantada, na cociña duns vellliños, pero ao revés. Cando lles pedimos que estiveran quietos (apenas había luz), conxeláronse durante 10 ou 15 minutos, xúrovolo, sen moverse nin unha pálpebra. Pensei que ficaran así. Era algo impresionante que os únicos sons que había nesa habitación era o chascar do lume e o click da cámara. Tivemos que pedirlles que deixaran de estar quietos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *