Arqueoloxía Low Cost: un novo ramal da vía XX ‘per loca maritima’

O outro día o arqueólogo Antón Malde envioume unha mensaxe polo móbil. Víase unha cata moi estreita e lonxitudinal e seguía unha exclamación. “Atopámola!”. Velaí estaba a comprobación da existencia dunha vía romana que atravesaba un campo nas proximidades do Castro das Travesas, de cuxa escavación é o director técnico. Cando comezaron a facer a sondaxe, xa se deron conta de que as raíces dos arbustos non daban atravesado algo, un solo soterrado moi duro. Tratábase dunha capa colmatada de terra e pedrugallo que era, xa, o firme da calzada romana, conservado en moi boas condicións. Os vídeos da intervención sobre a calzada pódense ver no Facebook de Malde Arqueoloxía, comentados por José Francisco Castro Vilariño.

Aínda que temos a idea popular das calzadas romanas como eses pavimentos perfectamente enlousados, o certo é que ese tipo de usos só se daba nalgunhas ocasións. Sempre que se podía, traballábase ben a colmatación do terreo, facíanse unhas cunetas ao carón, e construíase a calzada cun ancho de seis metros, caendo desde un exi central para que escorregara a chuvia. O achado é singular porque en Galicia, segundo os seus descubridores, non se teñen escavado exemplos deste tipo de vías frecuentes en Britania ou Xermania. Malde e José Francisco Castro son bos coñecedores do sistema viario romano nesas partes da Gallaecia. Para eles, trátase dunha desviación da vía XX, a famosa ‘per loca maritima’ que conduce ao Castro das Travesas e o comunica con outro castro próximo.

Isto introduce unha idea de arqueoloxía ‘low cost’. Intervencións dun ou dous días, moi pouco agresivas co sitio arqueolóxico, que permiten refutar e avanzar hipóteses, ou mellorar a documentación sobre un lugar. Non é un proxecto para vivir no xacemento durante tres anos, nin un esquema complexo de produción que hoxe en día, coa difícil situación das administracións, sería inviable. É máis ben, traballo no tempo de ocio. Pequenos apuntamentos que permiten ampliar, con custes mínimos, o noso coñecemento sobre o pasado.

18 Comentarios

  1. Anónimo
    2 / Xullo/ 2011

    por desgraza a arqueoloxía sempre semella ser de “low cost” de aí a que moit@s dimitamos, e se as administracións non invisten é porque non entenden un ca— e porque só ven “gasto” por vez de “investimento”, porque non hai imaxinación ningunha, porque non hai realmente xacementos “postos en valor” quitando se cabe, Vilandonga e agora Dombate… coñeces algún máis? non me mentes Santa Tegra por deus! home quizais mentar a experiencia tan boa da Fundación Terra Termarum, en Castrolandín, pero aquí as administracións son secundarias.

    algúns/has profesionais debecemos por facer cousas pero nada…non hai maneira.

  2. pim
    3 / Xullo/ 2011

    E do castro das travesas non publicaron nada aínda non?

  3. pim
    3 / Xullo/ 2011

    Xa, xa teño mirado, pero nada, do que foi a excavación nadiña, e como xa van uns aniños, e falaban da mansión pois non sei, seguro que ti sabes mais cousas que non se poderán contar por agora, jeje, saúdos

  4. Nemigo
    3 / Xullo/ 2011

    é moi de agradecer calquera iniciativa arqueolóxica a pe de obra. Non pode ser que exista o descoñecemento que temos na galiza. Se non se coñece non se pode valorar. E penso que si sería boa idea a reconstrucción de algún castro. Ver como era un e como era a vida nun castro. De seguro sería interesante e tería valor turístico.

    Non pode ser que os castros sexan vetedoiros ou só servan pra indicar fitos xeográficos -> http://www.panoramio.com/photo/44321052

    véxase ao instituto cartográfico NAZIonal poñendo un poste sobre a muraia de castro maior (moi preto das travesas)

  5. Raúl Villanueva
    3 / Xullo/ 2011

    Me alegro de estas “novas” y un saludo a nuestro querido amigo jfca. Muy buen trabajo.

    As travesas es/fue un enclave muy importante como cruce (mejor topónimo imposible) de caminos romanos. La mítica vía 2o conocida de antiguo como “Per Loca Marítima” pasaba a escasos metros del castro. Procedía de las hoy conocidas ciudades de Braga, Vigo, Pontevedra, Caldas de Reis, Santiago, “As travesas” (cruce) y hacia Coruña.

    Muy de acuerdo con el título de la noticia periodística: “Un novo ramal da vía XX, per loca marítima”. Esos restos de traza encontrados son parte de un camino que, al menos, partía o salía de la misma “Per Loca Marítima”.

    Un saludo

    Raúl Villanueva.

  6. Giannini
    3 / Xullo/ 2011

    Ben interesante. Parabéns a Antón e demais que participaron no traballo. Que segan con esa arqueoloxía low costa que ¡queremos saber mais!

  7. 3 / Xullo/ 2011

    Creo que ides saber algunhas cousas máis de arqueoloxía ‘low cost’ nos vindeiros meses. :-)

  8. Raúl Villanueva
    4 / Xullo/ 2011

    Esperaremos pues esos próximos meses como “agua de mayo” pues de seguro serán muy interesantes las novedades que ya anuncia magago.

    Caminos romanos o de época romana, supongo, hay muchos o debería haberlos, se les denomina “secundarios” y en ellos se han depositado, lo mismo que en aquellos otros “principales” el mismo tipo de mobiliario viario: lares viales y miliarios.

    En mi opinión si a un trozo de camino romano le queremos dar el tratamiento de vía antoniniana, en este caso: “per loca marítima”, lo deberíamos hacer forzosamente con el Itinerario de Antonino en mano ya que es como comentaba Arias Bonet de las de dificil interpretación. Hay mansiones que aparentemente parecen ser claras: Lucus Augusti, Brigantium, Asturica Augusta y otras varias, pero no creo lo sea Trigondo (o Tricondo). Vamos que asi me lo parece.

    Un saludo

  9. Anónimo
    5 / Xullo/ 2011

    la noticia lo dice, un “ramal” de la vía XX per loca marítima, otra vía secundaria de tantas

  10. Raúl Villanueva
    24 / Xaneiro/ 2013

    Dejémoslo pues en ramal, no vamos a discutir aqui el término “ramal”. Pero el que quiera desarrollar la traza de la vía 20 o Per Loca Marítima tendrá, obligatoriamente, que decir donde coloca Vico Spacorum, Ad Duos Pontes y, como mínimo, Aquis Celenis, así como JUSTIFICAR las distancias que les separan según el Itinerario de Antonino. Si esto no se tiene en cuenta saldrán todas las perlocamarítimas que querramos.

    Raúl Villanueva.

  11. 5 / Febreiro/ 2013

    Máis que interesante! Grazas por ligalo.

  12. celticus
    7 / Febreiro/ 2013

    Eso, eso, un RAMAL da vía xx per loca marítima, para falar da vía xx per loca marítima auténtica tedes que ubicar as mansións…

  13. Raúl Villanueva
    7 / Febreiro/ 2013

    Tienes razón Celticus. Puedo decir que he leido todo lo escrito sobre esta vía, salvo que se me escape algo, y aún no hubo nadie presentase un trabajo donde se tratase la vía Per loca Marítima (¡¡¡por la costa!!!) y no ubicase distancias y mansiones intermansionarias. No es serio, Malde. Partes de una, para mi, gran equivocación falta de no haber entendido esta vía y consiste en que defiendes de alguna manera que esta vía nace en Aquis Celenis y no en Bracara Augusta como lo dice el Itinerario de Antonino, ¿o no hablamos del Itinerario de Antonino?. Empezando en Caldas de Reis no puiede coincidir distancia alguna, ni en Santiago se puede poner Vico Spacorum (créeme que es un poco de risa esto) ni Ad Duos Pontes en Entrepontes ni Grandimiro en Carballo. No Malde no. Y créeme que te lo estoy diciendo sin acritud alguna aun que te lo pueda parecer, lo siento. ¿Y que haces con Brigantia?, bueno no digo nada por que nada dices de las ,ansiones ni distancias. He leido tu trabajo que encuentro interesante con relación a caminos medievales pero nada más. Por la N-VI si una calzada romana debajo, al lado, un poco para allá ….Sí, Malde.

    Un saludo y ya digo sin acritud alguna.

    Raúl Villanueva González.

  14. Antón Malde
    9 / Febreiro/ 2013

    Este traballo centrouse deliberadamente no territorio Mariñas-Betanzos, non se refire en absoluto a outras áreas.

    Persoalmente penso que coas mansios e as distancias hai que ter certa cautela, por posíbeis vacios nos itinerario e pola precisón do sistema de medición.

    Nós pretendimos fuxir destes discursos nominalistas, que desde hai anos non aportan nada, mais que repetir tópicos e sublimar egos. A rede principal de camilos é unha evidencia, a calzada de Alcaiana-Travesas é outra, e os materiais do castro das Travesas son definitivos.

    P.D. Algo que desde hai tempo que e surprende dos presentistas que defenden a N-VI como continuación dunha suposta vía romana, é o escaso ou nulo coñecimento do entorno e da documentación histórica. Senón porque non falaron antes da relevante infraestrutura viaria aínda inédita?

    http://www.academia.edu/2348442/Novas_pontes_historicas_sobre_os_rios_Deo_e_Mandeo

  15. celticus
    10 / Febreiro/ 2013

    “Nós pretendimos fuxir destes discursos nominalistas, que desde hai anos non aportan nada, mais que repetir tópicos e sublimar egos”

    ahí queda eso

  16. Raul Villanueva
    22 / Agosto/ 2013

    Un buen despiste el mío que lo siento, como pasa el tiempo, fugit nunca mejor dicho. Bueno, dicen allí que más vale tarde que nunca ( -; ) . Además, observo, debo unos comentarios por alusiones pero, previamente, creo necesario releer el artículo de Antón Malde por si hay algo que con seguridad ya no recuerde. Antes quiero hacer unos comentarios conceptúales con relación a la ya mítica vía 20 romana.

    – Normalmente a esa vía antoniniana se le da casi siempre el tratamiento de: “Per Loca Marítima”, es decir: “Por la Costa” y, lo curioso, es que la mayoría de los autores que la han estudiado se olvidan “olímpicamente” de este obligado detalle y parte de su traza, por la costa, ni la tocan en sus trabajos por lo que lo más adecuado sería que la nombrasen tal como la redactó el/los autor/ores del Itinerario de Antonino: “Item per loca maritima a bracara asturica” , es un poco más largo pero sería lo más coherente, supongo, y no hacer hincapié repetitivamente a “por la costa” cuando realmente “se olvidan” de ella.

    – Esta vía es comúnmente mencionada por la mayoría de los autores como: “Vía XX” y no vía 20 tal como a ella se refirió, y dejó escrito, el ing. Saavedra en sus “Discursos……de la Historia.” con el único motivo de enumerar los treinta y tantos itinerarios que figuraban en el mencionado Itinerarium Antonini Aug. No por referirse a ella con numeración romana, a veces de forma machacona, la vamos hacer “más romana”, no.

    – Se dice que ese camino de tierra batida próximo al castro “D´As Travesas” pueda ser una “vía terrenae” romana, es posible ya que caminos romanos o de momentos romanos son muchos los existentes por la sencilla razón de la cantidad de castros que hubo en esta esquina de la península y los castros, supongo, se encontraban intercomunicados, no obstante no creo sea correcto denominarla como: “Un ramal de la vía Per Loca Maritima”. Es que por definición no puede serlo en función de lo que se relata en el artículo que he de releer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *