Un 10% de fermosura


A fervenza do Ézaro. Foto: Sole

A importancia de Internet e da colaboración entre usuarios para contruír coñecemento entre todos está fóra de toda dúbida: é consustancial á propia existencia de Internet. O outro día vivimos aquí no blog unha interesantísima secuencia de información que nos permite perfilar e aprender. Foi no post Unha fervenza como esperanza, no que publicaba un panorama da fervenza do Ézaro, por fin con caudal ceibado todo o ano. Ubaldo Cerqueiro, de Que pasa na costa, achegábanos un valioso dato: o caudal que estabamos vendo na fervenza só era o caudal ecolóxico, ou sexa, o 10% do total do caudal deste monumento natural. Fiquei abraiado. Como sería a fervenza do Ézaro cun caudal entón superior ao 10%, como sería este monumento natural antes de ser privatizado?

Pois se cadra algo así, como o que ides ver. A foto remitiuma Toño Liñares, a quen lle agradezo a colaboración.

Poucas palabras hai para isto. Unha marabilla.

5 Comentarios

  1. 23 / Xuño/ 2011

    E para que vexades que o dato o aporta a propia empresa que explota hidroeléctricamente o río, Electra del Jallas, aí tendes as palabras do seu director, Carlos Oliete:

    “A repercusión económica á produción hidroeléctrica pode rondar o 10%, como nos conta Oliete, unha vez que “o caudal de recente é o 10% do caudal medio do río, polo tanto deixaremos de turbinar o 10% do auga do río”.

    Toda a entrevista: http://www.quepasanacosta.com/?p=5536

  2. 24 / Xuño/ 2011

    unha vergoña, un patrimonio de todos hipotecado de por vida e ofrecida ao respetable como esmola.

  3. Nemigo
    25 / Xuño/ 2011

    non penso que nin “eléctrica del jallas” nin o pobo teñan beneficio algún se a fervenza non é tal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *