Imaxinando os ordenadores do futuro (tamén desde Galicia)

Acábase de fallar o FUJITSU Design Award 2011: A LIFE with Future Computing, un prestixioso premio organizado pola multinacional nipona para explorar conceptos creativos ao redor da computación e os ordenadores do futuro. Desta volta, os gañadores foron algúns conceptos como estes que vedes aquí enriba: The Aid (O enfermeiro), unha muleta con todas as prestacións de coñecemento para axudar a desenvolverse no exterior a persoas con dificultades, ou Crowd, un ordenador que se adapta a diferentes funcioanlidades. Pero a verdade é que a que me gusta máis das premiadas é unha que non gañou, pero que ficou finalista e por riba está deseñada por galegos, o Vermis.

Vermis, o proxecto galego na final

Como se pode ver na foto, o Vermis fai honra ao seu nome. Segundo os seus ideadores, Enrique Saavedra e Marcos Saavedra:

“o proxecto Vermis sitúase no ano 2020, nun mundo onde as conexións wireless e a conexión a internet son unha commodity e os ordenadores persoais teñen acceso remoto a servidores moi potentes mentras a nanotecnoloxía avanza a pasos de xigante. Vermis desenrolase a partir dunha cápsula de identificación persoal que está conectada a un material intelixente, que pode cambiar de forma dependendo do software. Este material sería de baixo custo e podería fabricarse en grandes cantidades, conseguindo así que os ordenadores sexan accesibles a todo o mundo”

Na posición da fotografía pode verse como proxector de hologramas, unha das tecnoloxías que estes dous deseñadores conciben como básicas para comprender os ordenadores do ano 2020. O material aproveitaría as potencialidades de desenvolvementos que se están comezando a xeneralizar no ámbito da investigación. O Vermis está recuberto de nanotubos de carbono que, segundo recentes investigacións de MIT, teñen unha capacidade receptora de enerxía solar 100 veces superior ás células fotovoltaicas actuais. Outro material diferente nos estremos é quen de emitir son.

Non sei a vós, pero se mirades os que gañaron e este, o Vermis é o que máis me gusta con diferencia (e non é chauvinismo). Aquí está o web do Proxecto Vermis.

4 Comentarios

  1. Archeoten.
    12 / Xuño/ 2011

    Vaia isto si que vai ser um portátil realmente portátil, suponho que não ganhou porque a “originalidade” logicamente se paga ;-)

  2. Archeoten.
    12 / Xuño/ 2011

    Vaia isto si que vai ser um portátil realmente portátil, suponho que não ganhou porque a “originalidade” logicamente se paga

  3. 12 / Xuño/ 2011

    Sempre son discutibles esas cousas, pero, honestamente, a min pareciame dos mellores, á vista dos que gañaron (e algún é unha chorradilla fina).

  4. Veronid
    12 / Xuño/ 2011

    É unha honra ver esta xente, galegos, traballando e realizando deseños capaces de competir en pé de igualdade cos mellores deseñadores do mundo. Isto é ao meu ver o que fai falla en Galicia, productividade e gañas de progreso, para vidas puramente comtemplativas xa hai moitos outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *