A reescritura dun pai

Última actualización o 10 / Xuño/ 2011

O 4 de maio de 2001 o pai do guionista de banda deseñada Antonio Altarriba tirábase desde un piso alto da residencia na que estaba internado. A partir deste feito, Altarriba decidiuse a escribir a historia do seu pai, contando coa colaboración do debuxante Kim (o mítico autor de Martínez El Facha, en El Jueves), creando unha novela gráfica de gran musculatura que rematou por gañar o Premio Nacional de Cómic 2010: El Arte de Volar (Ediciones de Ponent, Alicante, 2009)

Non é outra historia máis sobre a Guerra Civil. Por suposto, a vida do pai de Antonio Altarriba é a dun perdedor desa guerra. Un pobre de vila aragonesa que vai pasando de desgraza en desgraza, condenado sempre ao bando perdedor, como moita xente nesta España do século XX. O elemento máis desacougante do libro é a esperanza, a esperanza que xurde sempre tras unha das súas moitas derrotas, e que parece que é elemento consustancial ao propio fracaso. Homes que non deixan de loitar por un futuro mellor, homes para os que o futuro é cada vez máis estreito, pero no que seguen a atopar vías de esperanza construídas dentro dos límites da súa resignación. A historia dun perdedor que é honesto.

“O meu pai, que agora son eu”. A reveladora disposición inicial de Antonio Altarriba conecta un home con todos os homes; Altarriba di que só foi capaz de comezar a escribir cando se produciu ese proceso, cando atopou que o punto de vista para narrar esta historia do seu pai era el mesmo, como todos somos un pouco antes e despois:

“Eu vivía nel cando aínda non nacera, e el vive en min agora que xa morreu”. Por vía consanguínea ou, como agora se prefire, por vía xenética, atopaba leximitidade para adoptar a súa identidade. Aínda que eu prefiro falar de ‘fusión’, como nun abrazo -intenso, estreito- que todavía hoxe nos mantén unidos e indistintos”.

Será por iso que o libro conmove e marabilla. Que non é unha historia máis da Guerra Civil, senón a crónica da desesperanza e as vidas crebadas polo século XX, alá onde fora o conflito.

4 Comentarios

  1. Javier B
    7 / Xuño/ 2011

    Realmente dan ganas de hacerse con el comic después de leer tu post. Intentaré autorregalármelo pronto.

  2. xos
    7 / Xuño/ 2011

    É un libro apaixonante, paga a pena de principio a final. Unha historia que che deixa sen respiración

  3. 7 / Xuño/ 2011

    Dou fe de que é unha historia negra e amarga coma un café, e ademais deixa un pouso de profunda tristura. Un home condenado a vivir entre pequenas e indignas renuncias, e que emporiso non deixa de conservar toda a dignidade dun ser humano íntegro.
    Son historias así as que elevan á novela gráfica á categoría de arte. Non é algo que se estile aquén os Pirineos, mais algo se está movendo, e para ben.

  4. Xerardo
    7 / Xuño/ 2011

    De a Republica dos homes libres penso eu, a derrota no mar e unha singladura, que o partires deixa un ronxel na lontanxa, a derrota na terra e mais cruel porque deixa una bagoa de esperanzas perdidas, na Terra da Liberdade como eu a soo chamar ay un estado con unha cidade eu tiven un amigo que traballou arreo nela para despois acabar limpando coa sua maquina de limpar o chan o emporio de Amancio Ortega en tordera, Oshyo, Berskha e Massimo Dutty de momento. O home en cuestion comia conmigo na mesa e faciame compaña xa que os ingleses remataban antes, por certo sempre deixaban algo de beber e pan par el e mai eu. Non me lembro do seu nome pero si do que me contou botou moitos anos en Phoenix ao sol de Arizona, Colorado e Texas, eu repliqueille os Sun de Pheonix, e dixome que si, a derrota deixa cicatrices marcan o corpo cal jeans marcan as suas arrugas, ben quero decir texanos ou vaqueros, como gusten o personal, as marcas da vida non rematan ata que chega o final. A vida e de gañar e tamen perder non quero decir aqui a cancion de cold play, xa sabedes o que me refiro, ay que saber gañar e perder o mesmo tempo, pero cal ave phenix resurgir das cinÇas para voltar a empezar, non quero aqui facer apoloxia dun indomabel,pero a loitapola vida e a loita polos demais, se ti aguantas eu tamen, non quero decir que isto sexa unha referencia ao Titanic, da escena da rapaza e o pionero irlandes. Ben ay que seguir a loita non te rendas endexamais, axuda para axudar a que este mundo sexa mais igual para todos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *