Música moi física

Este grupo brasileiro chámase A banda mais bonita da cidade. A música é destas que te animan o día de xeito radical, si ou si, aínda que te deixan un puntiño nostálxico tamén. Pero o que me chamou a atención é unha proba máis de como antigas barreiras ‘formais’ xa non importan: o cantante camiña pola casa co seu micro de man, gravando a súa voz, e parte da delicia do videoclip é esa percepción física dos espazos sonoros polos que pasa o cantante, o corredor, as escadas, a habitación.

4 Comments

  1. Poza
    24 / Maio/ 2011

    Fermoso…

  2. Lizgairo
    24 / Maio/ 2011

    Muito lindo!

  3. 25 / Maio/ 2011

    Iso si, que nolo aclare algún experto en son, pero creo que detrás desta aparente ‘simpleza’ hai un traballo de edición de audio criminal. Falo sen coñecer ese mundo, pero ten pinta de ser tremendo!

  4. alvarez
    27 / Maio/ 2011

    É verdade o que di tanto no texto como no post. E ademais que mais se pode dicer da música brasileira….Por certo, anda na procura da música da serie da HBO feita en Sao Paulo, ALICE, unha xoia, pero nin no emule nin na web dou atopado o xeito de descargar semellante marabilla. Se agradecen consellos.
    Saude.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *