En El País:
El Ayuntamiento de París ha denegado al grupo Inditex la apertura de una tercera tienda Zara en los Campos Elíseos de la capital francesa (…) ya que se opone sistemáticamente a la apertura de nuevos establecimientos textiles de más de 1.000 metros cuadrados en la popular avenida. El argumento que ha dado es que los márgenes de beneficio “extremadamente elevados” de las tiendas de ropa han disparado los alquileres de la zona, hasta el punto de que se teme por la viabilidad económica de cines, cafés y restaurantes presentes en esa vía. Considerados junto con la Torre Eiffel uno de los emblemas de la ciudad, el Ayuntamiento no quiere que los Campos Elíseos pierdan su identidad al albergar cada vez más enseñas que se pueden encontrar en cualquier otra ciudad, indicó un portavoz.
Non puiden deixar de pensar nas tendas de quincallada da zona vella de Compostela. Outra problemática, pero a mesma consecuencia: a perda de identidade e vida urbana.

Exemplar a actuación do Concello de París. Cando viaxo a calquera cidade e dou en camiñar pola rúa comercial que toda urbe ten, cada vez teño máis a sensación de que todas se parecen, en todas atopas o mesmo tipo de tendas, as mesmas marcas, o mesmo cliché estereotipado, esa globalización mediocre. Unha vez mirei unha reportaxe sobre Venecia, onde unha veneciana de toda a vida queixábase do que lle custaba atopar quen lle vendese tomates. Todas as vellas tendas de comestibles viraran garitos de venta de bisutería de cristal de Murano made in china e máscaras de antroido veneciano. Resultado desa política (ou deixadez política) é que Venecia pasara de 120.000 habitantes en 1970 a menos xa de 60.000. Eu querería pasear por un París onde vivan parisinos, unha compostela con composteláns, e unha Venecia con venecianos, non por cidades-museu, cáscaras baleiras onde os turistas se reflexen nos trinques de Zara, Benetton ou Cristian Dior.
a librería Galí, a máis vella de Galicia… iso tamén é patrimonio non? etc, etc
Unha conduta exemplar. A ver o día que un alcalde fai o mesmo, especialmente o da Coruña. Por certo, aproveitade para ir de compras en Coruña porque ás tendas do centro quédanlle tres telexornais