
O crítico musical Alex Ross
“A composición clásica no século XX a moitos sóalles a ruído. É unha arte en gran medida agreste, un movemento alternativo non asimilado. Namentres que as abstraccións cheas de salpicaduras de Jackson Pollock véndese no mercado da arte por cen millóns de dólares (…) o equivalente en música segue provocando vagas de desasosego entre os asistentes”.
Pode ser un libro de divulgación ser considerado unha obra esencial? Por suposto. Alex Ross, crítico musical de The New Yorker, publicou no 2009 un libro absolutamente básico para mergullarnos nun incómodo espazo alternativo da cultura: El ruído eterno. Escuchar al siglo XX a través de su música. A música de composición clásica contemporánea vive un estraño status: é “alta cultura” pero ten o impacto e o alcance dunha cultura alternativa, distribuída dun xeito absolutamente marxinal con respecto ao mainstream, especialmente cando se convirte nun exercicio absolutamente exploratorio; este libro permítenos aos profanos entender algo de todo isto. O ruído eterno ten o carácter dun libro-mundo: introdúcese bravamente no espírito do complexo século XX e extrae del un latexo irregular, a dos creadores que foron constituíndo a súa banda sonora. Alex Ross lévanos por Mahler, Debussy, Shostakovich, Wagner, Copland, Britten o Aschenbach…as guerras, o sangue, as crises, a ideoloxía, a dor, a pobreza, a miseria intelectual ou económica, o dilentatismo, o esnobismo deste século de ouro e de merda ao mesmo tempo está aí dentro, latendo o pulso.. A clave do libro reflicte esta cuestión: “a composición do século XXI ás veces está decidido a abranguelo todo, ás veces desexosa de estar perdidas para o mundo”.
O fascinante é que ao seguir as mencións que fai Ross de pezas -bendito Spotify, que nos permite escoitalas todas- o que se escoita é o latexo, o pulso enteiro do século trasladado ás súas artes, nun segmento no que poucas veces se nos presenta esta oportunidade de retrospectiva. Porque como remata Ross, a composición e os compositores do século “atravesando o espectro que vai do ruído ao silenzo, amosan o camiño cara o que, en certa ocasión, Debussy chamou “un país quimérico e, en consecuencia, inatopable”.

Fantástico libro este! Para deleitarse coa música á vez que les!