Estes días hai un congreso do viño en Monforte no que algúns dos ponentes certifican en voz alta o que pensa todo o mundo. Na Ribeira Sacra ou no Ribeiro, por non dicir en Valdeorras, a penas se aproveita o potencial turístico enolóxico. Pero este derroche (e eu creo que é derroche todo aquelo que non se aproveita) é lóxico: ningunha destas tres áreas carece das infraestruturas básicas para o turismo enolóxico, que é un turismo sobre todo frecuentado por un segmento de público maduro, de nivel económico medio-alto. En ningún destas tres denominacións hai restaurantes de referencia con acertadas seleccións de viños da zona, que respondan ás esixencias dun público gourmet. A xente do Ribeiro sábeo moito, e ten habido proxectos de solucionar isto no propio casco de Ribadavia. En Ribeira Sacra Fernando Algueira acabou por montar o seu propio restaurante na adega. E en Valdeorras a oferta aínda é máis preocupante. Además, o restaurante de adega, sendo unha oferta moi interesante, non cumpre esa función de representación dunha denominación, con diversidades, rarezas e un profundo coñecemento do territorio. Iso puideno ver no Barolo, en Piamonte. Non é que houbera unha grande infraestrutura turística, pero a que había servía as expectativas destes enoviaxeiros.
Ademáis, as adegas, agás casos moi contados, non están preparadas para a recepción de visitantes. Aínda que andar perdido por Amandi ten o seu encanto, iso só nos gusta a algúns enotarados: ao turista convencional ver que o seu GPS está ao borde do colapso cando consegue chegar a un galpón coa porta pechada non lle gusta nada e mesmo lle crea stress. Os vídeos, ademáis, non invitan nada. Son moi crítico que este que vos vou ensinar. Debeu valer unha pasta, pero carece dunha historia, non atrae case nada. E ten o que denomino o ‘mal dos depósitos de aluminio’. Ao minuto de comezar xa me están ensinando depósitos. Eu sei que iso lle encanta a un adegueiro, que investiu unha pasta neles e queda moi hixiénico. Pero a un turista, nun vídeo promocional, impórtalle un pemento. Os vídeos hai que construílos para os visitantes, non para os adegueiros.
O certo é que o enoturismo non precisa moito. Pero o pouquiño que precisa aínda non o creamos.

Totalmente de acordo Manuel! Nós decidimos remangarnos e crear unha iniciativa de enoturismo para dar a coñecer as 5 DOs galegas e si, tés razón, estamos tendo moitos atrancos para poder ter a infraestructura que estas cuestións precisan.
Chámase Galicia On The Road! Creo que che vai gustar. Bótalle un vistazo: http://www.mariafechoria.com/eventos/view/72
Apertas!
Moi boa idea, xente de María Fechoría!