El Libredón, o novo videoblog de literatura infantil

Última actualización o 8 / Maio/ 2011

Sole Felloza acaba de lanzar un proxecto singular que levaba xa bastante tempo moendo na cabeza: El Libredón de Soledad Felloza. Aquí está a presentación:

Desde que a coñezo, fico fascinado con esa descuberta que é a literatura infantil e a ilustración; libros fermosos que moitas veces son obras de arte, así que isto é a materialización desa paixón profesional de Sole, que traballa como contacontos cun rango de público que vai desde os bebés ata os adultos. Trátase dun proxecto bastante singular: un espazo para amosar e ensinar literatura e outros xéneros culturais para nenos, adolescentes e toda a familia. A estrutura do videoblog é sinxela: podes consultar por xéneros, por tramos de idade e mesmo por prezos de produtos. E dentro de cada un dos posts, un vídeo no que Sole te presenta ao autor e á editorial, e logo te deixa ver o libro no seu interior, para que vexas que tal é. Aquí podes ver un dos exemplos: Bombastica Naturalis.

Así que, xa sabedes, Libredon.net.

Un comentario

  1. Miguel Losada
    5 / Maio/ 2011

    Sen dúbida un blog que, dependido da estratexia de sistematización e implicación crítica posta agora a andar, logo ha chegar a ser un referente nun sector moi disperso e pouco polarizado no que érache ben complexo estar ó día cunha perspectiva plural e orientada cara os productos de boa calidade. E conste que o digo como comprador e lector habitual de literatura infantil.
    Parabéns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *