
Termos máis empregados na publicidade para nenos

Termos máis empregados na publicidade para nenas
Onte Ana María Matute, na rolda de prensa previa ao Cervantes, dicía algo así como que seguimos sendo a infancia. Referíase, obviamente, ao papel determinante que ten este período na nosa formación como persoas. A autora desta pequena proba, Crystal Smith, empregou unha curiosa aplicación, Wordle, para amosar as diferencias de termos entre os xoguetes que as cadeas comerciais definen para nenos e os que definen para nenas, con resultados máis que evidentes. Aínda así, Crystal Smith fai moito énfase na súa metodoloxía e as prevencións que hai que ter con ela, cousa que se lle agradece: cada vez interésame máis o proceso, o como facer as cousas, como paso que outorga a calidade aos resultados.

Xa o virá antes, penso que nesta web http://thesocietypages.org/ que é moi recomendable , por certo, sobre todo se che gusta saber algo máis da metodoloxía detrás das infografías.
O certo é que voltándoo a ver sego preguntándome quen leva a peor parte, se os nenos con todas as palabras relacionadas coa violencia, ou as nenas, con todas as relacionadas coa beleza estereotipada. Penso que os tópicos nos que se segue a caer son nocivos para as dúas beiras.